Lúpulo nas Mariñas de Betanzos
Durante algún tempo, o cultivo do lúpulo foi común na zona de Betanzos, empregándose as súas flores na fabricación da cervexa. Nalgún momento e por razóns que descoñezo, o cultivo desapareceu.
Agora a única produtora galega de cervexa, Hijos de J. Rivera, anuncia unha nova experiencia no cultivo de lúpulo no Centro de Investigacións Agrarias, na localidade de Mabegondo. Este centro, dependente da Xunta de Galicia, verá renacer o lúpulo galego, que Estrella Galicia empregará o ano que ven para facer unha cervexa galega con lúpulo galego. A empresa celebra o ano próximo o seu centenario, xa que a firma naceu en 1906, motivo de que unha das cervexas da casa leve ese nome.
Segundo o escritor Angel Muro (1893), os gromos tenros do lúpulo pódense comer da mesma maneira que os espárragos ou consumirse en ensalada. Sería cousa de probalo, aproveitando a experiencia de Mabegondo.
e certo cos gromos tenros do lupulo poden comerse, pois nos collemolos todo-los anos e facemolos con arros.
Foron unhos venezianos que nos amosaron a riceita
ate outra.
manel