Flocos de millo para millonarios
Os flocos de millo que nos venden nos cines son caros e de Ãnfima calidade. Este é o resumo das conclusións ás que chegou a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) despois de facer un estudio en seis cidades españolas.
Segundo a OCU, un quilo de flocos de millo sae a preto de 33 euros, asà que eu case prefiro achegarme a Sitio e chupar uns deses percebes pequeniños que venden os mesmos chiringuitos que ofrecen améndoas, pipas e lambetadas para nenos. Para que non fora nunca, e para unha parte dos que si foron e aÃnda non se entesaron, queda dicir que Sitio é a vila que está ao rente de Nazaré, en Portugal, pero encaramada no alto dun gran acantilado. Abaixo, a carón do mar, está Nazaré, arriba, no alto do acantilado, Sitio. Dun lugar a outro pódese ir pola estrada, pero resulta moito máis atractivo subir ou baixar no vello funicular, que polo visto sae nunha das pelÃculas de Bond, James Bond, que protagonizou Connery, Sean Connery.Total, que os flocos dos cines son carÃsimos e malos: ata un 25 por cento é graxa e un 3 por cento sal. Unha bomba para as nosas arterias.
Por sorte, a min dos flocos de millo o que máis me gusta é o aroma, asà que poucos levo á boca, e nunca o faigo no cine, por dúas razóns fundamentais: primeiro porque ao cine vou ver unha pelÃcula e non a comer. Segundo, porque me fode que me estafen. Palabra de Vila, Miguel Vila.