Pica nas imaxes.

Sempre se dixo que o Valadouro fora un mar. Un día, no lugar que chaman A Rabia, o mar rebentou un conten que alí había e foise rabeando do Valadouro“. Conto popular recollido no libro “Contos do Valadouro” por Xesús Pisón, Manuel Lourenzo e Isaac Ferreira.

Non se estrañen, pois, de atopar no máis alto da zona de montaña a capela da Santa Filomena, cunha áncora pendurada do cinto.

Hoxe o Valadouro é unha comarca natural, situada na Mariña de Lugo, irracionalmente dividida en dous concellos (Alfoz e O Valadouro), inda que tamén no de Foz se atopan as parroquias de Santo Acisco do Valadouro e Santa Cilla do Valadouro.

Neste mapa propoñemos unha viaxe virtual (en permanente construción) polo val, con fotos propias (en azul) e doutros autores (vermello).


Ver mapa más grande