© Colineta, 14-11-2008.- The Wine Codex é o novo proxecto de Manuel Gago, de ben coñecida traxectoria enogastronómica a través do seu blog Capítulo Cero. O feliz alumbramento tivo lugar onte mesmo, 14 de novembro.

Lee el resto de esta entrada »

As vendas de viños da D.O. Rías Baixas en Madrid medraron no último ano un 21,6 por cento en cota de mercado e un 12,2 por cento en valor, segundo un informe realizado pola consultora Nielsen para o consello regulador.

Segundo o presidente do consello regulador, Xosé Ramón Meiriño, “O informe Nielsen describe unha situación moi esperanzadora e proponnos novas vías de traballo: como que Rías Baixas debe abrirse a novos mercados e a novos consumidores. Ademais, o informe destaca que os nosos viños están chegando cada vez a máis fogares a través da súa presenza nas grandes superficies de alimentación, e que dispón dun amplo percorrido no sector da restauración, onde Rías Baixas é coñecida e está moi ben valorada polos prescriptores, que os consideran como viños únicos e singulares”.

Lee el resto de esta entrada »

De Colineta

Inda que a vendima non remata ata finais desta semana, na Ribeira Sacra están satisfeitos cos resultados da mesma e calificana de moi boa pola gran calidade da uva recollida.

Lee el resto de esta entrada »

De Colineta

A vendima na D.O. Rías Baixas comezará esta semana cunha previsión de incrementar o rendemento nun 10 por cento

Lee el resto de esta entrada »

De Colineta

Galicia conta cunhas excelentes condicións para o enoturismo, unha modalidade que vai espertando aos poucos entre nos

Lee el resto de esta entrada »

A revista Actualidad Económica organiza o “Premio al éxito empresarial en Galicia” no que están presentes dúas candidaturas relacionadas co mundo do viño.

No apartado de “mellor iniciativa empresarial” participa o centro de enoturismo Condes de Albarei. Inda que non se explica máis, é de supoñer que se refiere ao centro que a adega pensa abrir no recentemente adquirido Pazo de Baión.

En canto á categoría “mellor embaixador da zona” un dos candidatos é o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Inda que na web da revista non funciona o enlace coa páxina na que deberían aparecer as bases, e polo tanto descoñezo o sistema de votacións e selección dos premiados, quen estea interesado en dar o seu voto a calquera das opcións presentadas pódeo facer aquí e participar nun sorteo.

Unha viña coma un cuadrilátero de boxeo e unha soa botella de viño ao ano, as ilusións de Emilio Rojo

Lee el resto de esta entrada »

Ao abeiro do club de lectores Biblos nace Acios para os amantes dos viños galegos

Lee el resto de esta entrada »

Enric Solomon Selections podería levar a Estados Unidos tres viños da Ribeira Sacra, que por outra parte estará na final dos Distinguidos Gallaecia con 15 viños

Lee el resto de esta entrada »

O salón, que habitualmente se celebraba nunha fin de semana de novembro trasladase a agosto e alargase unha semán

Lee el resto de esta entrada »


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura