Cada vez que participo nun concurso de tapas, e xa van tantas ocasións que estou por facer unhas tarxetas que digan “Miguel Vila. Xurado”, sempre expreso a miña inquedanza ante certas preparacións e as dificultades para o seu consumo en horas punta, é dicir, cando os bares están cheos e non hai maneira que achegarse á barra ou a unha mesa para pousar a copa mentres se da conta da tapa.

Para solucionar o problema teño o meu propio sistema, que teoricamente funciona moi ben, pero que na práctica ten un inconveniente grave: como teño que coller a copa con toda a man case polo seu borde e derriba do aro que forman os dedos colocar o prato, o viño ou a cervexa tenden a quentarse.

Tampouco lle din moitas máis voltas ao asunto ata que en Donde el viento nos lleve vin que a solución xa existe; pratos cun burato no que poñer a copa, pinzas para suxeitala ao borde do prato e ata pratos de dedo que me parecen algo complicados de manexar e que deben dar coa tortilla no chan as máis das veces.

Almorzo no chanto/ Comida en la piedraCocidos con algunhas variacións sobre o tradicional, orella de porco con foie e guiso de luras son os gañadores dos premios concedidos polo xurado no 4º Concurso de Tapas de Lugo.

Lee el resto de esta entrada »

En Lugo saír de tapas é unha actividade case tan automática como respirar.

O seu Concurso de Tapas chega este ano á carta edición con 40 locais participantes.

Lee el resto de esta entrada »

Un ano máis, Cerveceros de España publica a súa enquisa sobre as preferencias dos españois e os galegos á hora do aperitivo. ¡Todos queremos cervexa e aos “Cerveceros” volve a medrarlles o nariz

Lee el resto de esta entrada »

A “sardiña de San Xoán” do restaurante Acio foi elixida Mellor Tapa no concurso de tapas de Santiago de CompostelaLa “sardina de San Juan” del restaurante Acio fue elegida Mejor Tapa en el concurso de tapas de Santiago de Compostela

Lee el resto de esta entrada »

“Milfollas de porco con cabaciñas e mazá reineta”, do bar Costa Verde, foi elixida mellor tapa polo xurado do terceiro concurso Ribadeo de Tapeo, que rematou o pasado domingo na localidade mariñá.

Tamén houbo premios na modalidade de tapa creativa (Pavo recheo con salsa de peras, de O Cantón) e tradicional (Arroz de Rinlo, de La Cofradía).

Nesta terceira edición participaron 33 locais que presentaron 55 tapas. Todo un record para unha pequena localidade que non chega aos 10.000 habitantes e que se converteu en pioneira da celebración do concurso de tapas, servindo de referencia para moitas localidades de Galicia e Asturias.

o 28 de xuño ao 13 de xullo SANTIAGO(é)TAPAS dará a oportunidade a tódolos bares e cafeterías da cidade de presentar as súas mellores tapas aos composteláns e visitantes, nun concurso organizado por Turismo de Santiago, organismo municipal que está a converter Compostela na capital da gastronomía galega, como o proban os sucesivos eventos organizados: tour gastronómico, Santiago Repetirás, Forum Gastronómico, agora o concurso de tapas… e o que virá.

O concurso foi presentado publicamente hoxe polo concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quen explicou que a cousa vai máis alá dun concurso ao estilo habitual, cun curso previo dirixido aos hostaleiros interesados, rutas de tapas, premios para hostaleiros e público e un orixinal elemento: o “tapasporte”, que os clientes poderán selar (¿habería que dicir “visar?) en cada establecemento que visiten e que lles dará dereito a premio a tódolos que completen unha ou máis etapas. Os clientes poderán ademais votar as súas tapas favoritas e participar desta maneira no sorteo de dous billetes de Air Berlín a calquera destino europeo operado por esta compañía.

Os hostaleiros premiados tamén terán premios en metálico (1.000 euros en cada categoría), diplomas, regalo, dúas páxinas de publicidade en prensa escrita para a mellor tapa e a posibilidade de gañar unha viaxe para dúas persoas ao Forum Gastronomic de Xirona do próximo ano.

O curso de tapas para hostaleiros será impartido por expertos vascos e cataláns de primeirísima liña: Edorta Lamo e Íñigo Cojo de A Fuego Negro (San Sebastián) e Paco Guzmán do Restaurante Santamaría (Barcelona).

Veño de tomar unha estupenda tapa de sopa acompañada dun viño e as inevitables patacas fritas “chips”.

Tratábase dunha sopa de verduras e legumes con pasta. Vaia, que non sei como se amañaron no bar para poñer todo dentro dunha taza de café tirando a pequena.

Acostumados a callos, empanada, polbo e tapas semellantes, sempre sorprende a sopa, pero non é a primeira vez que ma poñen nin será a última.

Aínda lembro un frío día de inverno (sábado ou domingo, seguro) que na Pobra do Caramiñal nos puxeron de tapa unha cunca de caldo, caldo galego, coas súas fabas, as súas patacas, as nabizas e un anaquiño de chourizo no medio. Pareceunos espléndido.

Onde a sopa é tapa relativamente común é Madrid. Alí, moitos bares e tabernas tradicionais serven no inverno, para acompañar ao Valdepeñas ou á caña unha taciña de caldo, caldo limpo, resultado de cocer nunha gran pota os ósos dos xamóns que se venden no mesmo local en racións. Nalgún destes bares teño visto inmensas potas de aluminio, postas ao lume, das que sobresaían as uñas de varios xamóns.

Pero as tapas de sopa que sempre máis me gustaron a min foron as de A Selva, o bar que en Ferreira do Valadouro rexentou un tempo o Langredo, mutilado de guerra, matachín e catador reincidente ata que a prescrición médica ou sacou do viño.

Eu non coñecín A Selva, que non meu tempo o local estaba xa ocupado polo taller de zapatería de Reixa, pero sei dela e as súas tapas por meu pai, feitos todos eles confirmados polo propio Langredo.

A Selva naceu para darlle a réplica a Os Lobos e O Bosque, que se atopan no extremo contrario da vila. Tampouco coñecín O Bosque, pero fun cliente fiel de Os Lobos ata o fin dos seus días. En Ferreira xa non quedan tabernas das de antes, pero a min séguenme a gustar as tapas de sopa do Langredo.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura