Os defensores do uso de aditivos na cociña, polo menos na cociña dos grandes chefs, que a día de hoxe son lexión, teñen un novo referente para reforzar as súas teses en blogs e tertulias: o artigo que Rosa Rivas publica en El País con entrecomillados da Axencia Nacional de Seguridade Alimentaria (AESAN), extraídos da páxina web deste organismo estatal dependente do ministerio de Sanidade e Consumo. De ditos entrecomillados pódese deducir que os preocupados polo uso de aditivos, legais ou non, na cociña somos algo paranoicos.

Mágoa que en El País non se publique tamén o que eu entrecomillo de seguido, que se atopa na mesma páxina do apartado de “preguntas frecuentes” da web de Aesan da que o xornal sacou o que sí publica.

Aesan di:

Pese a todas estas garantías, el Código Alimentario Español sólo contempla la utilización de aditivos si:

- Existe una necesidad manifiesta y representa una mejora evidente sobre las condiciones de los alimentos.

- Se ha comprobado experimentalmente que su uso está exento de peligro para el consumidor

- Reúnen las debidas condiciones de pureza

- Pueden identificarse en los alimentos mediante métodos analíticos sencillos

Se prohibe la utilización de aditivos siempre que exista la posibilidad de lograr los mismos efectos por otros métodos, si puede provocar engaño al consumidor por enmascarar la verdadera calidad del alimento, si disminuye el valor nutritivo de los alimentos, o si los alimentos a los que se agregan pueden ser una parte importante de la ración de grupos vulnerables (lactantes, niños).”

O asunto Santamaría parece que vai tardar en calmarse, e máis despois da proposta feita esta mañá de que nas cartas se declaren os ingredientes e aditivos empregados na confección dos pratos. Sería novidoso, pero din que o saber non ocupa lugar.

Recoñezo que este asunto xa me vai aburrindo e que non teño moito interese en volver sobre el, pero síntome obrigado a deixar ben clara unha cuestión e, xa de paso, sementar de novo as interrogantes: ¿cántos cociñeiros de Eurotoques asinaron o comunicado da pasada semana?.

Hoxe Borja Hermoso, en El País, na súa edición dixital e na información sobre o dito por Santamaría esta mañá fala que foron arredor de 800, a mesma cifra que emprega Marta Fernández en Expansión. Carlos Maribona, en ABC, falou de 500. E non miro máis xornais para non caer na repetición de cifras.

O comunicado, que non atopo na web de Eurotoques, está redactado en dous folios, seguidos doutros 15 ou 16 nos que se relacionan os membros da asociación baixo o seguinte titular: “La asociación Euro-toques España, está formada por siguientes socios:” Na relación, se non me fallan as contas, hai 775 nomes de membros da asociación, entre eles un, galego, que non asinou o comunicado por non estar de acordo con el e que cando lle descubrín que aparecía na lista asegurou que ía mandar un correo á asociación protestando pola súa inclusión na mesma.

Como xa preguntei antes, ¿cántos cociñeiros de Eurotoques asinaron o comunicado da pasada semana?.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura