Os premios das catas de queixos e meles de Galicia entregáronse hoxe en Santiago de Compostela.

Na X Cata dos Queixos de Galicia, as Distincións de Ouro foron para

Prestes, de Queixería Prestes (Queixo Tetilla)

Arquesán, de Agro Despesa, S.L. (Arzúa-Ulloa)

Don Cristanto, de Queixería Cristanto, SAT (San Simón da Costa)

Castelo, de Castelo de Brañas (Cebreiro).

As Distincións de Prata recaeron en

Anzuxao, de Lácteos Anzuxao (Tetilla)

Ruta Xacobea, de Alimentos Ruta Xacobea (Arzúa-Ulloa)

Catadoiro, de Queixería Catadoiro (San Simón da Costa).

E as Distincións de Bronce foron para

Ruta Xacobea, de Alimentos Ruta Xacobea (Tetilla)

Bama, de Queizuar (Arzúa-Ulloa)

Prestes, de Queixería Prestes (San Simón da Costa).

Na VII Cata dos Meles de Galicia os premiados foron, na categoría de meles multiflorais:

O Trobo, de Mª Fe Sixto Pernas, Distinción de Ouro

O Testeiro de María Munín Taboada, Distinción de Prata

Mel de Monfero, de Mª Gerardina Pena Alvariño, Distinción de Prata

A categoría de meles monoflorais so opta a un premio:

O Testeiro, de María Munín Taboada, Distinción de Ouro

Queso gallego de cabra© Colineta, 26-11-2008.- Nin todo o que está amparado por unha denominación de orixe é marabilloso nin todo o marabilloso está baixo o seu paraugas. Váianse afacendo a esta idea.

As denominacións de orixe naceron nun principio para amparar unicamente viños, e naceron nunha época en que Europa, o seu berce, saía da época da posguerra, unha época na que antes que calidade había que producir cantidade para abastecer a toda a poboación.

Daquela A Mancha producía mares de viño dunha calidade máis que dubidosa e certamente moi afastada dos logros dos últimos tempos nesta árida zona. Na verde Galicia dominaba o viño revolto, que hoxe é patrimonio practicamente exclusivo de Cataluña, porque en Galicia xa practicamente non se ve máis que nalgunhas, que non todas, das contadas tabernas que quedan no país. Non sei se en Cataluña seguen aínda no revolto ou volveron a el buscando unha suposta orixinalidade do produto. Suposta, digo, porque aquel viño revolto era froito dunhas malas prácticas vitivinícolas.

Lee el resto de esta entrada »

San Simón da Costa © Colineta, 24-11-2008.- Din que o queixo de San Simón dá Costa, un dos máis peculiares de Galicia, procede da mesma prehistoria e atribúese a súa orixe ás tribos prerromanas que habitaban as serras do norte da provincia de Lugo. A posible orixe prerromano do queixo vese reforzado polas alusións ao mesmo do poeta Marcial, quen tamén dá crédito ao aprecio que Roma tiña por este produto.

(Lee mi reportaje sobre el queso de San Simón en el número de octubre de la revista Origen).

Quesos gallegos© Colineta, 23-11-2008.-A VII Cata dos Meles de Galicia e a XI Cata dos Queixos de Galicia comeza en Santiago de Compostela o luns 24 de novembro e rematará o xoves 27 coa entrega dos galardóns nun acto presidido polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.

A VII Cata dos Meles de Galicia organízase en colaboración co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e coa participación dun total de 19 meles galegos a concurso, dos que seis son monoflorais e trece multiflorais. Os sete expertos que conforman o Panel de Cata realizarán un exame visual, olfactivo e gustativo das mostras, fixándose en aspectos como a intensidade do cheiro, o gusto, ou a homoxeneidade do produto. Os seis meles multiflorais mellor clasificados na fase de selección pasarán pola tarde á Cata Final da que sairán os 3 meles premiados.

Lee el resto de esta entrada »

Escoitado na radio hai poucos minutos: a Comisión Europea incluíu hoxe ao queixo do Cebreiro no rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas. Neste momento nin a web de Medio Rural nin a do consello regulador ofrecen información ao respecto. So atopo unha pequena nota na web de Europa Press na que me sorprende ler que o queixo obtén unha indicación xeográfica protexida (IXP) cando ata o de agora, so a efectos españois, tiña a consideración de denominación de orixe (D.O.)

Volveremos sobre o tema

Foto: www.cebreiro.es

A firma Prestes produce un queixo de San Simón con tres meses de curación, o dobre que os normais, e unhas caracterísiticas moi especiais

Lee el resto de esta entrada »

Unha tenda de queixos galegos de calidade en Compostela e en internet

Lee el resto de esta entrada »

- ¿Vostede sabe que é un quark?, pregunta nas rúas de Compostela o reporteiro de Efervescencia, programa científico da Radio Galega.

- Pois un tipo de queixo, contesta o viandante.

A pregunta referíase ás partículas fundamentais da materia, segundo indica a Wikipedia, e a resposta sorprendeu ao responsable do programa, Manuel Vicente, que despois confesaría que tivera que recorrer a internet para descubrir que, efectivamente, existe un tipo de queixo denominado quark.

Cousas da polisemia, da que se queren saber algo máis deben preguntar a un lingüista ou volver á Wikipedia. ¡Que lle imos facer, todos temos lagoas!

¿Algún comentario?

Tomate, queso San Simon y galleta marineraMirei na neveira uns tomates da variedade “Kumato” e apeteceume comelos asados, así que os cortei en rodas e púxenos na grella cun chisco de sal. Como tamén tiña un pouco de queixo de San Simón moi tenro que acababa de mercar, cando lle din a volta ás rodas de tomate aproveitei para poñerlles derriba un anaquiño deste queixo para que se fundira mentres remataban de cociñarse os tomates.

Como remate puxen cada roda de tomate, co seu queixo, derriba dunha galleta mariñeira, engadín unhas gotas de aceite de oliva virxe extra e pementa variada (negra, branca, verde e rosa) acabada de moer.

Unha estupenda combinación a dos tomates co sabor afumado do San Simón.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura