Xa está na rede o número de primavera de ProTexta, o suplemento trimestral de libros da revista Tempos Novos. Parecerá que non é unha nova propia de Colineta, pero si digo que cada tres meses ProTexta dedica un espazo aos libros de gastronomía a cousa xa cambia.
A moitos lectores, e a min especialmente, que son o responsable desa área en ProTexta, gustaríanos que o espazo dedicado á gastronomía fóra meirande, pero o certo é que xa supón un gran éxito que unha revista dedicada aos libros e á literatura lle dedique tempo e espazo á gastronomía.

