Tres cociñeiros están entre os 500 galegos máis influentes segundo un xurado composto por 324 persoas. A lista foi publicada o pasado domingo polo xornal Galicia-Hoxe e non reparamos na mesma ata que a vimos reflectida en Turismo de Pontevedra.

Marcelo Tejedor sitúase entre os 100 galegos máis influentes, ocupando o posto número 88. Na lista dos 500 tamén se atopan Xosé Cannas e Pepe Solla.

Unha foto que ninguén debe deixar de ver

Pica na foto para vela no seu tamaño orixinal no diario La Opinión

P1100005Xa escribira durante o Forum del Mar de Cambrils sobre os percebiños en lata que as percebeiras de Baiona están a sacar ao mercado. Daquela Xosé Cannas presentou os percebiños cunha finísima lasca de touciño, que retratou perfectamente Alberto Garazo.

Hoxe chégame a nova de que tamén a marca Los Peperetes está poñendo percebes en lata. Neste caso a diferenza ven marcada polo feito de que conservan a unlla do percebe. Conseguen un bo efecto estético, que no caso de Baiona contrarrestan co feito de que todo o que vai na lata é comestible.

Evidentemente os percebes en lata non pretenden substituír aos frescos, senón permitir algún xogos, como o mencionado de Xosé Cannas en Cambrils, ou a incorporación dos mesmos a un cóctel de mariscos, como propoñen Los Peperetes.

Para non rematar co asunto dos percebes, en Baiona estudan tamén a posibilidade de convertelos en paté, co obxectivo de aproveitar os máis pequenos, que teñen difícil saída comercial en fresco

Nin había cocacola para todos nin me colei na festa, que estaba convidado. Pero si que me colei na cociña (e fun o único) antes de que comezara a presentación da Chef’s Big Band do Grupo Nove. Pica na foto para ver algunhas das imaxes do acto

A “Chef’s Big Band” do Grupo Nove fixo soar na tardiña de onte os seus instrumentos nunha jam session celebrada na espléndida cociña do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, ante varias ducias de convidados que recolleron coas súas propias mans a música dos cociñeiros para levala á boca e disfrutar de espléndidas ostras con escuma de escabeche, moegas de tenreira con uvas e queixo de San Simón, cremoso de bacallau con pasas, renxente de grelos, chicharróns e tetilla, pastel de cabracho e ourizos, unlla de porco celta con gambas, canelon de faisán con trufa, escuma de anchoas sobre renxente de pan, torrixa ao forno con xeado de vainilla ou biscoito de chocolate gianduja e nata recheo de trufa líquida e améndoas. Amenizou a festa un cuarteto de jazz.

Lee el resto de esta entrada »

Xosé Cannas

“A estrela dáme respecto, non medo”, dille Xosé Cannas a Nacho Mirás, que publica hoxe unha entrevista co cociñeiro na súa sección dos luns, A cara B, en La Voz de Galicia.

O nacemento do restaurante, o nome de Pepe Vieira, a familia, o menú de hoxe son algúns dos temas tratados na mesma

© Colineta, 21-11-2008.-Ata esta mesma semana o punto de gravidade da cociña das estrelas galegas debía andar por Beorobe, no concello de Tordoia, un nome curioso que sílaba a sílaba pronúnciase o mesmo de esquerda a dereita que de dereita a esquerda, que está máis ou menos no medio da Coruña (dúas estrelas Michelín ata onte mesmo), Santiago de Compostela (mesmo número de estrelas) e Santa Comba (unha).

Pero a concesión dunha estrela a Pepe Vieira Camiño da Serpe e a perda das de Playa Club (A Coruña, que quedan con unha) e Toñi Vicente (Santiago, que queda con outra), fixo que ese punto de gravidade se trasladara moito máis ao sur e agora debe andar por algún lugar do concello de Meaño, cunha estrela ao norte (Yayo Daporta, en Cambados), dúas ao sur (Casa Solla e Pepe Vieira en Poio, que se converte no concello galego máis estrelado) e unha cuarta ao sur oeste (A Taberna de Rotilio, en Sanxenxo). O novo Campus Stellae galego está a cabalo das rías de Arousa e Pontevedra
Ver mapa más grande

© Colineta, 20-11-2008.- “¡Ouh, espadeiro amante! ¡Ouh, roxo e quente
sangue do corazón da nosa terra!
¡Acende os corazóns dos apoucados!
¡prende lume nas almas, viño celta!”

Ramón Cabanillas, o poeta da raza, cantou así ao viño espadeiro nunha composición titulada “Diante dunha cunca de viño espadeiro” publicada en 1917. Despois del, Álvaro Cunqueiro falou mil veces, e sempre ben, deste vello viño galego, que leva décadas ausente do panorama vitivinícola.

Lee el resto de esta entrada »

© Colineta, 19-11-2008.- “O incerto señor Don Pepe Vieira” era o título dun artigo que pensaba escribir, e nunca o fixen, cando dez cociñeiros galegos foron ensinar as súas habilidades ao comedor da ONU, en Nova York, da man da Xunta de Galicia.

Daquela dábase a circunstancia curiosa de que algúns xornais galegos falaban de dez cociñeiros e de seguido enumeraban once nomes. Alí estaban, entre outros, Xosé Cannas e Pepe Vieira. Quede claro por adiantado que non son o mesmo.

Lee el resto de esta entrada »

© Colineta, 19-11-2008.- A pasada noite presentouse a edición 2009 da Guía Michelín  parte dos xornalistas españois especializados en información gastronómica, que se comprometeron a non publicar nada ata hoxe.

Pero as filtracións xa comezaron. Segundo as mesmas Galicia perde unha e queda con oito estrelas, con cambios: gaña unha estrela Pepe Vieira Camiño da Serpe e pérdena Toñi Vicente e Playa Club. Agora falta a confirmación

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura