Colineta adiantou en exclusiva hai uns días a apertura do restaurante compostelán Pedro Roca, que nos acompañou o pasado domingo en Arroz con Chícharos (Cadena Ser Galicia, 12,30 horas), do que podemos saber máis lendo a entrevista que hoxe publica La Voz de Galicia.

O que non conta nesta entrevista Pedro é que pensa recuperar para os restaurantes de alta cociña ese vello costume compostelán de poñer callos os xoves. E os mércores cocido.

“Los jueves milagro” era o título dunha película de Luís García Berlanga que da un titular estupendo cada vez que hai novas en xoves, así que non é a primeira vez que o emprego, inda que non sexa capaz de lembrar onde o fixen antes.

Este xoves, 11 de decembro, San Dámaso (Papa) e santos Paulo, Fidel e Masona, bispos, non haberá (¿ou si?) milagre en Compostela, pero o mesmo da, porque os amantes da boa mesa van ter oportunidade de asistir ao nacemento dun novo restaurante, un restaurante agardado por todos durante longos meses.

Lee el resto de esta entrada »

Pedro Roca deixa o Alameda para poñer a punto o seu propio restaurante, que abrirá en setembro na zona compostelá de Galeras

Lee el resto de esta entrada »

Os afeccionados á cociña mexicana teñen cita dende hoxe e ata o próximo sábado no compostelán restaurante Caney, situado nos baixos do hotel Araguaney. A Semana Gastronómica Mexicana traerá ata a capital de Galicia o mellor desa cociña tan descoñecida pola meirande parte do público, que so sabe dela, en directo, polos tacos e burritos dalgunhas franquías, e en diferido polo visto na película Como agua para chocolate.

Algúns dos grandes pratos da cociña do país centroamericano, que se amosaban na referida película, estarán presentes nas xornadas do Caney: chiles en nogada, mole poblano… pero na carta hai moito máis. Dez antojitos para entrantes, tres pratos de peixe, catro de carne e catro sobremesas, así como margaritas, tequila, cervexa mexicana…

O restaurante tamén ofrece un menú degustación que, por 32 euros, promete deixar satisfeito a calquera: guacamole con totopos, taco mexicano, enchilada, chiles en nogada, ceviche de peixe, huachinango veracruzano, mole poblano e jericalla.

O Caney xa celebrara con éxito unhas xornadas de cociña mexicana hai dous anos, cando aínda Pedro Roca estaba á fronte das súas cociñas. No Caney Roca fixo moi populares as xornadas de cogomelos, que se celebraban cada outono, así como as do arroz ou a cociña árabe.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura