Antonio Botana, do restaurante Pandemonium de Cambados, é o novo presidente do Grupo Nove, substituindo a Javier Rodríguez Ponte “Taky” que ocupou o cargo no último ano e medio.

Antonio Botana estará acompañado na xunta directiva por Xosé Torres Cannas (Restaurante Pepe Vieira) como vicepresidente, Yayo Daporta (Restaurante Yayo Daporta), que ocupará o cargo de secretario, e José González-Solla (Restaurante Solla) como tesoreiro.

O viño que seguiu á presentación do Forum Gastronómico Santiago 2010 tróuxonos a noticia das dúas novas estrelas Michelín para Galicia: A Estación (Cambre), con Beatriz  Sotelo e Juan Crujeiras á fronte, e A Garza (Malpica), un restaurante de produto.

A provincia da Coruña recobra o primeiro posto en canto a estrelas Michelín en Galicia e anula en parte a ventaxa que a provincia de Pontevedra ía collendo no movemento gastronómico galego pola visibilidade dos seus cociñeiros.

Hai un ano, coa concesión dunha estrela Michelín ao restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe e a perda das de Playa Club e Toñi Vicente, convertíase na provincia máis estrelada, xa que á nova estrela de Xosé Cannas se unía as xa clásicas de Casa Solla e a Taberna de Rotilio e a máis recente de Yayo Daporta.

Agora Pontevedra está a piques de converterse na provincia con máis cociñeiros membros do Grupo Nove, que dun tempo a esta parte representa a cociña galega de vangarda en todo o mundo e que se converteu no grupo máis visible e mediático de cantos hai en Galicia. Sete das dez estrelas Michelín con que conta Galicia recaen neste grupo.

O luns saberemos oficialmente da ampliación do Grupo e os tres novos cociñeiros que entran no mesmo, os tres pontevedreses. Culler de Pau ( O Grove), Eirado da Leña (Pontevedra) e Silabarium (Tui)

Actualización: Pierde su estrella A Taberna de Rotilio (Sanxenxo). Lamentablemente la alegría no es completa.

Más información: Capítulo 0, Abc, La Vanguardia

26-11-2009: La Opinion, La Voz de Galicia (edición Carballo),

Respecto de la información publicada esta mañana por La Voz de Galicia, el Grupo Nove difundió hoy la siguiente nota:

El Grupo NOVE precisa su papel en el proyecto de un “congreso gastronómico de calidad”

Ante la información que publica un diario gallego en su edición de hoy, el Grupo NOVE aclara que el papel de este colectivo de cocineros gallegos en el “impulso de un congreso gastronómico de calidad”, es cómo comité técnico en la definición y articulación de los contenidos, nunca como promotores ni como organización del mismo.

Por lo tanto, no ha iniciado ningún contacto ni con entidades públicas ni privadas a tal fin, y sí ha respondido a la llamada de una iniciativa que trabaja en esta idea, y se ha puesto a su disposición, como no podría ser de otra manera - en este caso, y siempre que la cocina y la gastronomía gallega estén sobre la mesa de trabajo- , para contribuir a darle forma al proyecto, en el que NOVE considera imprescindible la participación activa de todos los colectivos profesionales y empresariales del sector en Galicia.”

No me queda más remedio que rectificar la información anterior, ya que finalmente la nota confirma que el objetivo de esa empresa todavía no identificada es la organización de un “congreso gastronómico de calidad” y no una feira, como afirmaba esta mañana. Y también me veo en la obligación de aclarar que la citada empresa no es de fuera de Galicia, sino de la propia comunidad y con experiencia en la organización de este tipo de eventos. En Colineta tenemos indicios suficientes para publicar el nobre de dicha empresa, pero no lo haremos hasta que nos lo confirmen sus propios responsables.

Las preguntas ahora se multiplican y nos podemos preguntar si alguien piensa que el Forum Gastronómico no es un evento de calidad o si en Galicia, y en estos tiempos de crisis, hay espacio suficiente para dos eventos de importancia (de los otros tenemos muchos, pero con escasa repercusión) o qué carta van a jugar los miembros del Grupo Nove en caso de que finalmente este nuevo evento llegue a organizarse.

Os restaurantes do Grupo Nove ofrecerán, ao longo do mes de febreiro e primeira quincena de marzo, menús elaborados con produtos ecolóxicos, no marco dun acordo de colaboración co Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentado hoxe no restaurante A Estación (Cambre, A Coruña), con presenza do conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia,  o presidente do Craega, algúns produtores galegos de alimentos ecolóxicos e a meirande parte dos cociñeiros do Grupo, dos que so faltaron Marcelo Tejedor, que se atopa en Huesca impartindo uns talleres de cociña, Xosé Cannas e Rafael Centeno. A campaña desenvolverase baixo o título “A mellor aposta da cociña galega de autor: alimentos ecolóxicos”

Tras dos discursos de rigor do presidente do Grupo Nove, Javier Rodríguez Ponte (escoitar), presidente de Craega, Xosé Antonio Fernández (escoitar) e o Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal (escoitar) e a proxección dunhas imaxes sobre o Grupo Nove, a agricultura ecolóxica en Galicia e o Craega, os asistente tiveron oportunidade de probar algunhas tapas elaboradas polos membros de Nove con produtos de agricultura ecolóxica: empanada, mini hamburguesas, fabas de Lourenzá con polbo, polo frito con sésamo e diversos chupitos e espetadas, acompañados por viños galegos e sidra ecolóxica.

Os cociñeiros departiron cos produtores de alimentos ecolóxicos galegos nun acto que lembrou á presentación dos novos produtos de comunicación do Grupo no Pepe Vieira o pasado mes de XX.

Durante a primeira quincena de febreiro os menús con produtos ecolóxicos galegos estarán presentes en Casa Solla, Pepe Vieira Camiño da Serpe, Yayo Daporta, Pandemonium e Maruja Limón. Na segunda quincena do mes tomarán o relevo O Retiro da Costiña, El Mercadito, A Estación e A Gabeira. Finalmente nas dúas primeras semanas de marzo ofrecerán estes menús Domus, España, A Rexidora e Allo e Aceite

Merluza de Celeiro con agridulce de pimientos rojosPara celebrar o éxito acadado pola Pescada de Celeiro con caldo de pementos verdes e pilpil de limón visitamos o mércores Casa Marcelo, onde nos sorprenden cunha nova versión da mesma pescada, neste caso con “agridoce de pemento vermello”. No prato e na foto pode parecer unha pescada con allada, pero nada máis lonxe da realidade.

Pero volvamos ao comezo. Antes de comezar a comida Marcelo preguntou se nos importaba probar moitos pratos e, ante a nosa resposta afirmativa, avisou de que non rebañáramos o que nos fora chegando, cousa que máis ou menos foi facendo a miña muller. Pero eu nin fun quen de resistirme a acabar co que viña nos pratos e ao final, por prudencia do cociñeiro que non nos quería empachados, quedaron un par de cousas por probar.

Lee el resto de esta entrada »

Nin había cocacola para todos nin me colei na festa, que estaba convidado. Pero si que me colei na cociña (e fun o único) antes de que comezara a presentación da Chef’s Big Band do Grupo Nove. Pica na foto para ver algunhas das imaxes do acto

A “Chef’s Big Band” do Grupo Nove fixo soar na tardiña de onte os seus instrumentos nunha jam session celebrada na espléndida cociña do restaurante Pepe Vieira Camiño da Serpe, ante varias ducias de convidados que recolleron coas súas propias mans a música dos cociñeiros para levala á boca e disfrutar de espléndidas ostras con escuma de escabeche, moegas de tenreira con uvas e queixo de San Simón, cremoso de bacallau con pasas, renxente de grelos, chicharróns e tetilla, pastel de cabracho e ourizos, unlla de porco celta con gambas, canelon de faisán con trufa, escuma de anchoas sobre renxente de pan, torrixa ao forno con xeado de vainilla ou biscoito de chocolate gianduja e nata recheo de trufa líquida e améndoas. Amenizou a festa un cuarteto de jazz.

Lee el resto de esta entrada »

A mal tempo… solucións rápidas. Tal parece pensar Antonio Botana, cociñeiro e propietario do Pandemonium (Cambados) que xa anuncia un novo menú para tempos de crise, do que falaremos no seu momento, posto que a presentación do mesmo anúnciase para comezos de outubro. Os nosos petos hanllo agradecer, seguro.

E mentres agardan polo novo menú, Botana pon a disposición de quen o precise o seu novo servizo de cátering, preparado para ofrecer calquera servizo, dende celebracións familiares ata banquetes de alto copete, vodas, viños, cócteles e o que o cliente demande.

Doutra banda lembrar que Antonio Botana estará na semana que comeza por Pamplona participando como ponente no III Congreso Gastronomía e Saúde, onde en compaña de Antonio Muíños falará sobre “Presente e futuro das algas na gastronomía”.

Hai uns anos, poucos, tiven que revisar en profundidade un bo número de xornais galegos de finais do século XIX, nun traballo de documentación que finalmente se convertería nun libro “O crime de Santa Cruz do Valadouro”, no que dou conta do asasinato, en 1888, do cura e os seus criados, nun tempo en que Jack o Destripador andaba facendo das súas pola capital inglesa.

Era un tempo en que as comunicacións non eran as de hoxe. Da Coruña a Ferrol íase en barco, porque se tardaba moito menos que por estrada, e a primeira nova dun asasinato perpetrado no norte da provincia de Lugo publicouse en Madrid. Dous días despois do asasinato La Voz de Galicia informaba de que “En Santa Cruz de Ferreira, obispado de Mondoñedo (Lugo), han sido asesinados el cura y tres criados”. Databa a nova en Madrid, 24 (24 de novembro de 1888).

Daquela aprendín que a información se movía ao ritmo ao que ían chegando a cada redacción os xornais das cidades e vilas máis próximas ao suceso. Así que La Voz de Galicia citaba un día o que dous antes publicara El Reparador (xornal de Mondoñedo) e dous días despois que na Voz aparecía a mesma nova en Faro de Vigo.

Pois con esto das vieiras tóxicas semella que está pasando o mesmo e xa me vou enchendo de ler referencias ao que onte publicaba La Voz de Galicia ou ao que declararon á Radio Galega na confraría de Barallobre.

E xa que está de moda, eu vou facer o mesmo e volver ao xornalismo do século XIX: acabo de ler na web de Europa Press que o Grupo Nove mandou un comunicado de apoio a Toñi Vicente. Non podo reproducilo aquí, como me gustaría, por la sinxela razón de que eu non recibín tal comunicado, que supoño coincide co que acaban de publicar na súa web.


Tosta de ventrescaBeatriz Sotelo (restaurante A Estación) comeza a descubrir o que lle pode supoñer o título de Cociñera do Ano que lucirá na súa chaquetiña ata que a comezos de 2010 se celebre de novo o concurso no marco de Alimentaria. Onte, 14 de abril, seguía empregando a súa chaquetiña de sempre, inda que para comparecer ante o público a trocase por unha do Grupo Nove. Eu reclamei, amistosamente, ver o título na vestimenta da cociñeira, que prometeu mandar bordalo proximamente.

A cociñeira participa no Salón do Club de Gourmets cociñando para os convidados da consellería de Pesca da Xunta de Galicia. Onte tocaron as conservas de Anfaco e hoxe, 15, será a quenda da marca de calidade PescadeRías.

No convite do martes Beatriz obsequiounos cunhas fantásticas navallas con xel de limón e unhas non menos espléndidas tostas de ventrecha de atún con rúcula e pemento. A empanada de zamburiñas era insuperable e tamén a houbo de berberechos, que non cheguei a probar, o mesmo que me pasou cos chupitos de fiúncho con ameixa e a cazola de polbo con arroz. No menú tamén había un roial de ourizos moi suaviño. Acompañouse cun branco de Monterrei e un tinto da Ribeira Sacra.

A sesión de PescadeRías de hoxe promete grandes satisfaccións para os que teñan a sorte de asistir. Haberá zamburiñas á prancha con vinagreta, sardiñas con tomate seco e queixo de Arzúa, xurelo con allada e xerminados, empanada de xoubas, polbo á feira, sashimi de robaliza e ameixas ao natural con limón e coandro. Unhas ameixas grandísimas e boísima, segundo me comentou Beatriz.

Non remata en Madrid a semana da cociñeira, que volverá a Cambre para preparar as 300 filloas que ten que levar o venres ata La Hacienda del Marquesado, en Granada, onde en compaña de Braulio García ofrecerá cociña galega do venres ao domingo.Beatriz Sotelo (restaurante A Estación) comienza a descubrir lo que le puede suponer el título de Cocinera del Año que lucirá en su chaquetilla hasta que a comienzos de 2010 se celebre de nuevo el concurso en el marco de Alimentaria. Ayer, 14 de abril, seguía empleando su chaquetilla de siempre, aunque para comparecer ante el público la cambiara por una del Grupo Nove. Yo reclamé, amistosamente, ver el título en el atuendo de la cocinera, que prometió mandar bordarlo próximamente.

La cocinera participa en el Salón del Club de Gourmets cocinando para los invitados de la consellería de Pesca de la Xunta de Galicia. Ayer tocaron las conservas de Anfaco y hoy, 15, será el turno de la marca de calidad PescadeRías.

En el convite del martes Beatriz nos obsequió con unas fantásticas navajas con gel de limón y unas no menos espléndidas tostas de ventresca de atún con rúcula y pimiento. La empanada de zamburiñas era insuperable y también la hubo de berberechos, que no llegué a probar, lo mismo que me pasó con los chupitos de hinojo con almeja y la cazuela de pulpo con arroz. En el menú también había un royal de erizos muy suavecito. Se acompañó con un blanco de Monterrei y un tinto de la Ribeira Sacra.

La sesión de PescadeRías de hoy promete grandes satisfacciones para los que tengan la suerte de asistir. Habrá zamburiñas a la plancha con vinagreta, sardinas con tomate seco y queso de Arzúa, jurel con ajada y germinados, empanada de sardinillas, pulpo “á feira”, sashimi de lubina y almejas al natural con limón y cilantro. Unas almejas grandísimas y buenísimas, según me comentó Beatriz.

No finaliza en Madrid la semana de la cocinera, que volverá a Cambre para preparar las 300 filloas que tiene que llevar el viernes hasta La Hacienda del Marquesado, en Granada, donde en compañía de Braulio García ofrecerá cocina gallega del viernes al domingo.

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura