A revista Actualidad Económica organiza o “Premio al éxito empresarial en Galicia” no que están presentes dúas candidaturas relacionadas co mundo do viño.

No apartado de “mellor iniciativa empresarial” participa o centro de enoturismo Condes de Albarei. Inda que non se explica máis, é de supoñer que se refiere ao centro que a adega pensa abrir no recentemente adquirido Pazo de Baión.

En canto á categoría “mellor embaixador da zona” un dos candidatos é o Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Inda que na web da revista non funciona o enlace coa páxina na que deberían aparecer as bases, e polo tanto descoñezo o sistema de votacións e selección dos premiados, quen estea interesado en dar o seu voto a calquera das opcións presentadas pódeo facer aquí e participar nun sorteo.

Agardan 50.000 visitantes ao ano e na finca producirán un viño que queren vender só en adega

Lee el resto de esta entrada »

O Pazo de Baión, que noutro tempo foi narco-residencia, queda finalmente en Galicia.

- Non irá dicirme que un multimillonario quería trasladalo pedra a pedra ao outro lado do Atlántico.

Pois non señora, a cousa non vai por aí. O importante de Baión, aos nosos efectos, é que está rodeado de 20 hectáreas de viñedo incluído na denominación de orixe Rías Baixas que, finalmente, vai quedar en mans dunha empresa galega, Condes de Albarei, coa que competían empresas da Rioxa e de Cataluña.

Penso que é importante que unha propiedade tan singular como Baión quede en mans galegas, pero iso non significa que a chegada de capitais foráneos ao noso sector vitivinícola sexa indesexable. Máis ben todo o contrario. Moitos das grandes melloras rexistradas nos últimos tempos nos viños galegos viñeron da man de empresarios ou enólogos non galegos, que ven as cousas de diferente maneira e aportan ideas novas e frescas. Benvidos sexan, pero alégrome de que Baión siga sendo galego.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura