Almorzo no chanto/ Comida en la piedraCocidos con algunhas variacións sobre o tradicional, orella de porco con foie e guiso de luras son os gañadores dos premios concedidos polo xurado no 4º Concurso de Tapas de Lugo.

Lee el resto de esta entrada »

En Lugo saír de tapas é unha actividade case tan automática como respirar.

O seu Concurso de Tapas chega este ano á carta edición con 40 locais participantes.

Lee el resto de esta entrada »

A “sardiña de San Xoán” do restaurante Acio foi elixida Mellor Tapa no concurso de tapas de Santiago de CompostelaLa “sardina de San Juan” del restaurante Acio fue elegida Mejor Tapa en el concurso de tapas de Santiago de Compostela

Lee el resto de esta entrada »

Dous tintos galegos triunfaron no recente II Concurso de los Vinos del Noroeste, celebrado a pasada semana en Ponferrada, dominado, como era de agardar, polos viños do Bierzo.

Pero no apartado de tintos xóvenes, as denominacións de orixe galegas atoparon un espazo para Lagar do Cigur e Castro de Lobarzán. O primeiro destes viños, de Valdeorras, acadou unha medalla de ouro na categoría de tintos mencía xóvenes, mentres que o segundo, de Monterrei, levou un ouro na categoría de tintos xóvenes. O resto de medallas (ata un total de tres ouros) en ambas categorías corresponderon a viños do Bierzo.

No apartado de brancos cinco das seis medallas de ouro viñeron para Galicia: Sameiras 1040, Cuñas Davia Barrica (Ribeiro) e Don Pedro de Soutomaior Tempo (Rías Baixas) na categoría de brancos en barrica, e Don Pedro de Soutomaior Neve Carbónica (Rías Baixas) e Beade Primacía (Ribeiro), na de brancos, categoría na que tamén recibiu medalla de ouro Vega de la Reina Sauvignon Blanc, da denominación de orixe Rueda.
No concurso participaron máis de 300 viños de Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria e Norte de Portugal.

“Milfollas de porco con cabaciñas e mazá reineta”, do bar Costa Verde, foi elixida mellor tapa polo xurado do terceiro concurso Ribadeo de Tapeo, que rematou o pasado domingo na localidade mariñá.

Tamén houbo premios na modalidade de tapa creativa (Pavo recheo con salsa de peras, de O Cantón) e tradicional (Arroz de Rinlo, de La Cofradía).

Nesta terceira edición participaron 33 locais que presentaron 55 tapas. Todo un record para unha pequena localidade que non chega aos 10.000 habitantes e que se converteu en pioneira da celebración do concurso de tapas, servindo de referencia para moitas localidades de Galicia e Asturias.

o 28 de xuño ao 13 de xullo SANTIAGO(é)TAPAS dará a oportunidade a tódolos bares e cafeterías da cidade de presentar as súas mellores tapas aos composteláns e visitantes, nun concurso organizado por Turismo de Santiago, organismo municipal que está a converter Compostela na capital da gastronomía galega, como o proban os sucesivos eventos organizados: tour gastronómico, Santiago Repetirás, Forum Gastronómico, agora o concurso de tapas… e o que virá.

O concurso foi presentado publicamente hoxe polo concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quen explicou que a cousa vai máis alá dun concurso ao estilo habitual, cun curso previo dirixido aos hostaleiros interesados, rutas de tapas, premios para hostaleiros e público e un orixinal elemento: o “tapasporte”, que os clientes poderán selar (¿habería que dicir “visar?) en cada establecemento que visiten e que lles dará dereito a premio a tódolos que completen unha ou máis etapas. Os clientes poderán ademais votar as súas tapas favoritas e participar desta maneira no sorteo de dous billetes de Air Berlín a calquera destino europeo operado por esta compañía.

Os hostaleiros premiados tamén terán premios en metálico (1.000 euros en cada categoría), diplomas, regalo, dúas páxinas de publicidade en prensa escrita para a mellor tapa e a posibilidade de gañar unha viaxe para dúas persoas ao Forum Gastronomic de Xirona do próximo ano.

O curso de tapas para hostaleiros será impartido por expertos vascos e cataláns de primeirísima liña: Edorta Lamo e Íñigo Cojo de A Fuego Negro (San Sebastián) e Paco Guzmán do Restaurante Santamaría (Barcelona).

Ata o próximo domingo (6 de abril) 17 locais de hostalería de Fene (A Coruña) participan no I Concurso de Tapas Concello de Fene, coa obriga de servir as tapas de balde coas consumicións que cadaquén realice.

Como é habitual neste tipo de certames, que cada vez se extenden máis por Galicia adiante para alegría dos afeccionados, hai dúas categorías: tapas tradicionais e tapas innovadoras.

O público poderá participar na concesión dun premio por votación popular, participando ao mesmo tempo no sorteo dunha fin de semana na illa da Toxa.

Haberá ademais un xurado, do que formarei parte, que elixirá entre o luns e o martes próximo a mellor tapa tradicional e a mellor creativa. Xa vos contarei o día 8 á volta de Fene.

(Acabo de caer na conta de que vou ter que ampliar o meu curriculum cun apartado de “xurados gastronómicos”: concursos de tapas de Ribadeo(2 veces) e de Fene, concurso de cociña con filloas da pedra (2 veces), concurso de cortadores de xamón (2 veces), concurso de polbeiras do Forum Gastronómico, concurso de innovación gastronómica tamén no Forum, concurso de cociña da escola de hostalería Fragas do Eume…)


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura