Este é o estupendo video sobre o concurso de pulpeiras celebrado o sábado 20 no Forum Gastronómico Santiago 2010. O video foi realizado e publicado por Turismo de Pontevedra

PulpeiraCarmen Eyo, de A Estrada, ganó el II Concurso de Pulpeiras que se celebra en el marco del Forum Gastronomico. En 2008 la ganadora fue Aurora Baranda, la pulpeira de O Carballiño, quizás la más famosa de Galicia y que este año formó parte del jurado.

A pesar de que tanto en la primera edición como en la segunda hubo mucha participación masculina, parece que las mujeres siguen teniendo mejor mano para el pulpo á feira.

Más en La Voz de Galicia, El Correo Gallego, otra del Correo, Faro de Vigo, Galicia Hoxe.

En la foto, Carmen Eyo cortando pulpo en Santa Minia.

Unha filloa rechea de polbo, outra con recheo de salmón e ameixas e un tronco doce de crema de castañas representarán a Santiago na final do Concurso Galego de Cociña Familiar organizado por El Corte Inglés no marco do Forum Gastronómico Santiago 2010.

O sábado participei no xurado da semifinal celebrada en Compostela, en compaña de Tito “Nixon”, Jesús Sordo (El Bocalino), Manuel Vázquez (Fogón Retiro da Costiña), o xornalista de El Correo Gallego Xurxo Fernández e Pablo Vázquez en representación do centro comercial, e todos coincidimos en destacar o alto nivel dos dez platos presentados a concurso e seleccionados entre os preto de 50 presentados.

Na final, que terá lugar en Santiago o 20 de febreiro, coincidindo co Forum Cidade, os representantes de Santiago mediranse cos de Vigo, que chegarán con pescada, empanada e filloas e os de A Coruña, que participarán con fabas con luras, chupito de berberechos e salteado de polbo e codillo de lacón.

Na foto, as tres clasificadas por Santiago

Gemelos TorresDiga vostede en voz alta: pulpo á feira. ¿Que pasa? Pois pasa que todo o mundo se relambe, sexa da terra ou de fóra (pode que os de fóra aínda máis, porque teñen menos oportunidades de catalo en toda a súa esencia). E comezan as conversas de onde o comín mellor, e para uns ten que levar un chisco de picante, que outros non aguantan, e sempre hai quen lle ten afección ao picante pero evítao por prescrición facultativa. O difícil é atopar alguén a quen non lle guste, inda que sempre algún haberá.

Equivocábase de plano Álvaro Cunqueiro cando, a finais de 1962 nun artigo publicado en Vida Gallega escribía “yo le doy todo el mérito que tiene, y aun reconociendo que hay otras recetas - desde el pulpo guisado a la empanada-, su sepultura más cabal es a la antigua moda de las ferias, a la manera medieval. Tal y como lo comieron Gelmírez y Pardo de Cela, Pero Meogo y los mitrados abades de Sobrado“. Difícil o tiña Pardo de Cela, que morreu sen novas de América, e polo tanto dos pementos, poucos anos antes da aventura de Colón.

En termos históricos o polbo á feira é moi recente, porque recente é a presenza do pemento moído en Galicia. Andará polos douscentos anos, pero pode que o polbo teña menos, moitos menos. Polbeiros vivos, procedentes de estirpe de feirantes, aínda lembran cando seu pais ían ás feiras e vendían peixe frito, pero non polbo.

Sexa cal sexa a súa antigüidade, ninguén dubida de que se trata dun plato imposible de mellorar. Os máis grandes cociñeiros do momento actual aseguran que se trata de alta cociña, por moito que proceda dos fogóns máis humildes do país, fogóns ambulantes de xentes moi esforzadas. E os mesmos cociñeiros de altura se relamben ante un prato de bo polbo, como ese da foto que levan os irmáns Torres a un recuncho onde dar boa conta do botín. Foi no pasado Forum de Xirona, onde Xosé Cannas e Pepe Solla acababan de preparar o prato.

Seguramente por ese convencemento de que as polbeiras do país fan alta cociña, a ninguén lle resultou estraña a presenza de nove caldeiros na mesma sala do ForumGastronómico de Santiago 08 onde cociñarían os chefs máis famosos do momento.

Co Concurso de Pulpeiras o Forum quixo facer oficial ese recoñecemento ao popular prato das nosas festas e, ao mesmo tempo, homenaxear a todas esas mulleres e homes, máis ou menos anónimos, que conservan viva unha tradición que nunca debería morrer. Así o entenderon eles. E así o dicía na fin de semana Silvia Baranda, gañadora do premio á pulpeira con máis chispa, premio concedido polos propios concursantes, na entrevista que lle fixen esta fin de semana na Cadena SER. Unha pulpeira nova á que lle gustaría que a súa filla de catro meses herdara o oficio.

Eu, que queren que lles diga, síntome orgulloso deles e do seu traballo.

Ver: Segundo concurso de pulpeiras en 2010

O segundo Concurso de Pulpeiras Forum Gastronómico Santiago celebrarase o 20 de febreiro nun escenario de luxo: a Praza de Abastos de Santiago de Compostela.

En 2008 a primeira edición do concurso colleitou un éxito rotundo, cun auditorio cheo de público mirando como nove pulpeiras e pulpeiros procedentes de toda Galicia desempeñaban o seu labor derriba dun escenario. Probablemente foron as primeiras “pulpeiras de cámara” da historia.

O prazo de inscripción para o concurso xa se abriu. As bases, que se poden consultar na web do Forum, introducen este ano a novidade de permitir a participación no so das pulpeiras que andan polas feiras, senón tamén das que teñen local fixo, como é costume en moitas zonas do país.

Como non teño fotografías da primeira edición (era membro do xurado) deixo aquí unha galería de pulpeiras na Santa Minia de Brión. Algunhas delas participaron no concurso.

O Concurso de Cata por Equipos Colección Costeira, organizado pola Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro, chegou á súa final o 28 de novembro, coa última proba que enfrontaba aos equipos gañadores das distintas semifinais e a posterior comida e entrega de premios, que tivo lugar nas instalacións da cooperativa, en Ribadavia.

Finalmente o equipo de Pontevedra fíxose co premio, adiantando por so tres puntos ao de Ourense. Os madrileños acadaron a terceira praza.

Despois das probas e antes da entrega de premios a adega obsequiounos cunha comida fastuosa que diría o meu admirado Joaquín Merino: centolas, bois de francia, cigalas, nécoras, camaróns, lagostinos, todo precedido por unha estupenda empanada e seguido de cañas fritas, amendoados, rosquillas e doces xudeos de Ribadavia. Todo, naturalmente, regado con Viña Costeira, Colección Costeira e Tostado de Costeira. Dieta galega como dia a publicidade de Viña Costeira.

Antes da comida desveláronse os viños empregados na cata. E as botellas foron quedando na mesa máis próxima á entrada. Precisamente a que eu compartía co presidente da Cooperativa, o presidente do Consello Regulador da D.O., o xerente da cooperativa, o incansable Argimiro Levoso, o xornalista da Radio Galega, Alberte Rivero, e dous convidados das adegas Muga, viños que a Cooperativa distribúe en Galicia dende hai décadas. Como era unha mágo que o Chateau d’Yquem se fora botar a perder, non nos cortamos un pelo e demos boa conta do mesmo.

A comida foi como unha gran voda galega e nin nas mesas máis activas foron capaces de deixar limpas as fontes onde os camaróns, as cigalas ou as nécoras parecían reproducirse por xeración espontánea, que por moito que lles meteramos man nunca as fontes parecían ter fin. Creo que o equipo madrileño leva unha boa historia para contar ao amigos da capital, que reforzarán esa idea común a moitos mesetarios que pensan que en Galicia as nécoras andan soltas polas beirarrúas.

Os gañadores levan unha estupenda viaxe polas principais denominacións de orixe do Camiño de Santiago.

Agora deixo unha galería de fotos. Os videos noutro momento

O requeixo será o protagonista o próximo domingo na Capela (A Coruña), coa celebración da 21 edición da Festa do Requeixo e a sexta edición do concurso de receitas con requeixo da Capela.

Na festa haberá requeixo a esgalla ¡e do bo! que malo na Capela non saben facelo. E música, moita música, con Leilía, Vaamonde, Lamas e Romero, a banda de Narón e a banda de gaitas Basilio Carril. Tamén haberá humor coas Cantareiras de Ardebullo… e pregón a cargo de Miguel Vila, que promete ser breve para non aburrir ata ás vacas.

Agardo verte por alí.

Nota: aínda estás a tempo de participar no concurso de postres con requeixo

Papada de porco, cigaliña e limón, de A Tafona, foi a gran gañadora do concurso de tapas de Santiago de Compostela Santiago(é)Tapas. Os premios entregáronse esta tarde nun acto celebrado na monumental praza de abastos de Compostela. A tapa consiste nun taco de papada de porco, de pel renxente e carne celmosa, acompañada dunha cigaliña e un prebe de limón que pon un punto de chispa na boca e límpaa da graxa da carne.

No apartado de mellor tapa creativa o premio foi para a Empanada de polbo seco á chama, de Ácio. Nesta tapa o cociñeiro Iago Castrillón recupera un antigo produto galego xa desaparecido, o polbo seco, para formar con el unha empanada composta de dúas finas láminas de masa xa cocida entre as que se intercalan lascas de polbo en forma de pequenos roliños e cebola caramelizada.

O premio á mellor tapa tradicional foi para a Filloa O Catro do bar O Catro. Unha tradicional filloa reenchida de polbo, gambas e queixo de Arzúa.

En canto ao maridaxe con cervexa, impúxose o Cubo crocante de atún con marmelada de tomate avainillado de Garum. Un taco de atún rebozado en améndoas e olivas negras moídas, fritido e acompañado pola marmelada de tomate e vainilla. E un puntiño de pementa de sechuán que chamaba pola cervexa.

Finalmente, o xurado outorgou o premio Galicia Calidade ao emprego de produtos galegos á Brocheta de luriñas con maionesa verde de algas e po de nori. Unha tapa na que os produtos do mar galego están presentes dende o comezo ata o fin.

O premio “Tapa do público” foi para o Bacallau maravillau de Madam Ragú, un bacallau acompañado de pemento vermello, aguacate e taramasalata elaborada con ovas de bacallau. Madam Ragú recuncou co premio “(e)xcelente 09″ ao establecemento máis valorado polos clientes, tendo en conta o seu persoal (profesionalidade, rapidez no servizo, amabilidade, información facilitada da tapa/concurso) e as súas instalacións (aparencia/orde, limpeza, conservación).[lang_es]Papada de cerdo, cigalita y limón, de A Tafona, fue la gran ganadora del concurso de tapas de Santiago de Compostela Santiago(é)Tapas. Los premios se entregaron esta tarde en un acto celebrado en la monumental plaza de abastos de Compostela. La tapa consiste en un taco de papada de cerdo, de piel crujiente y carne jugosa, acompañada de una cigalita y una salsa de limón que pone un punto de chispa en la boca y la limpia de la grasa de la carne.

En el apartado de mejor tapa creativa el premio fue para la Empanada de pulpo seco a la llama, de Ácio. En esta tapa el cocinero Iago Castrillón recupera un antiguo producto gallego ya desaparecido, el pulpo seco, para formar con él una empanada compuesta de dos finas láminas de masa ya cocida entre las que se intercalan lascas de pulpo en forma de pequeños rollitos y cebolla caramelizada.

El premio a la mejor tapa tradicional fue para la Filloa O Catro del bar O Catro. Una tradicional filloa rellenada de pulpo, gambas y queso de Arzúa.

En cuanto al maridaje con cerveza, se impuso el Cubo crocante de atún con mermelada de tomate avainillado de Garum. Un taco de atún rebozado en almendras y aceitunas negras molidas, frito y acompañado por la mermelada de tomate y vainilla. Y un puntito de pimienta de sechuán que llamaba por la cerveza.

Finalmente, el jurado otorgó el premio Galicia Calidade al empleo de productos gallegos a la Brocheta de chipirones con mayonesa verde de algas y polvo de nori. Una tapa en la que los productos del mar gallego están presentes desde el comienzo hasta el fin.

El premio “Tapa del público” fue para el Bacalao maravillau de Madam Ragú, un bacalao acompañado de pimiento rojo, aguacate y taramasalata elaborada con huevas de bacalao. Madam Ragú repitió con el premio “(e)xcelente 09″ al establecimiento más valorado por los clientes, habida cuenta su personal (profesionalidad, rapidez en el servicio, amabilidad, información facilitada de la tapa/concurso) y sus instalaciones (apariencia/orden, limpieza, conservación).

Foto: Mejor tapa. www.santiagoetapas.com

Isto de facer dúas rutas de tapas diarias (mediodía e noite) acaba con calquera e non vou ser eu menos. Levo arredor de 70 tapas en catro días e xa me van entrando gañas de que o reloxo acelere un pouco o seu ritmo para poder comer unha sopiña quente o próximo sábado, se é que chego aló con folgos e 109 tapas derriba.

Cada día me convenzo máis de que o nivel medio das tapas presentadas a concurso no Santiago(é)Tapas deste ano é sensiblemente superior ao do ano pasado, no que xa foi bo. E ao mesmo tempo dáme a sensación de que a distancia entre as mellores e as menos boas se reduce de maneira considerable, non porque as mellores perderan calidade senón por que o tope inferior subiu de forma notable.

O que algúns aínda non parecen entender é que cando pido unha bebida e unha tapa agardo que a segunda veña pouco despois da primeira e non 20, 30 ou 40 minutos máis tarde porque o que lle entran a un é gañas de anular o pedido, marchar e non volver máis. O cabreo redúcese se cando chega a tapa esta é unha marabilla, como me sucedeu o pasado luns.

Paréceme a min que cinco ou dez minutos son tempo máis que suficiente ¿e ti que opinas?

Foto: www.santiagoetapas.com “Fusión marrocogalaica de mexillóns”

Segunda xornada de tapas por Compostela, dividida en sesións de mediodía e noite. O xoves pola noite mollámonos por fóra e por dentro e hoxe so por dentro e agardemos que o tempo se estabilice e non volvan as chuvias, inda que semella que a auga vai ser fixa no Santiago(é)Tapas polo menos un día, xa que en 2008 sucedeu o mesmo.

Visita a seis locais que xa participaran o ano pasado, inda que nun deles (A Tafona) hai nova dirección e cociña. E a dúas (A Bodeguilla de San Roque e Casa Lorenzo), que se estrean no concurso.

A primeira sesión comeza no Garum, que o ano pasado levara un premio pola súa cefalopodoespetada e presentara ademais unha tapa aínda hoxe comentada: un vasiño de peles de pataca fritidas cun prebe de mostaza. Desta volta optan por unha empanada aberta de xardas escabechadas, cubo crocante de atún con marmelada de tomate avainillado e espetada de rape con tomate doce e leituga de mar. So levamos percorrida unha pequena parte dos establecementos participantes, pero xa detectei unha certa tendencia en moitas tapas a mesturar sabores doces e salgados.

A Bodeguilla de San Roque está entre os novos no concurso, inda que o ano pasado xa participara a súa irmá Bodeguilla de San Lázaro. Chea ata a bandeira, como é habitual, serven dúas tapas sinxelas: tosta de lacón con queixo de Arzúa á feira e chourizos con ovos ao recendo de trufa branca.

Na primeira edición o Bicoca sorprendeu ao público cunha tapa de polbo na que o aceite se presentaba dentro dunha burbulla de isomalt. Desta volta a sorpresa ven unha tapa denominada sorpresa de bonito: un taco de bonito sobre un confitado de cebola, tomate e alfábrega, todo pechado dentro dunha copa chea de fume de alfábrega. Tamén vai chamar a atención a flor de remolacha: finas lascas de remolacha fritas formando unha especie de lasaña con crema de robaliza cocida e queixo fresco. A triloxía do Bicoca completase cun potente ravioli de langostino con salsa de ourizos.

Na Tafona, que recentemente reabriu as súas portas da man de Lucía Freitas e Nacho Tierno, ofrecen unha única tapa, pero moi elaborada: papada de porco, cigaliña e limón.

A sesión de tarde comezou no casco vello e na barra de tapas máis coñecida de Compostela, ademais de ser a primeira que se montou na cidade: A Taberna do Bispo. Tomamos posesión da ventá que dende a barra se abre á rúa do Franco e alí demos conta do petisco de bacallau ao estilo do bispo e do crocanti de queixo brie con marmelada de arandos.

Seguimos por Casa Rosalía, outra barra de tapas a poucos metros da anterior. Se o primeiro local estaba ateigado de xente, no segundo conseguimos unha esquiniña da barra de pura casualidade. Piruleta de froitos do mar con salsa de limón e ensalada caprese con queixos galegos.

No Central un produto emblema do verán galego, os mexillóns, neste caso servidos gratinados con xamón. Unha tapa sinxela e fácil de comer sen máis instrumental que as propias mans, cousa que non sempre é posible coas tapas presentadas a este concurso.

Saímos do casco histórico para no Ángel degustar a tosta de San Xoán, sardiña á prancha sobre pan de boroa, vaso de polbo con patacas e copiña de ovos con chourizo. Este ano varios dos participantes volveron a súa mirada cara as sardiñas, que se atopan nun bo momento e compoñen un bocado ben tradicional na nosa terra.

Rematamos a ruta e o día no local máis afastado de todos os que participan no concurso: Casa Lorenzo, ao pe mesmo do aeroporto, cunha tapa de lembranzas rurais, como a zona na que se atopa o local: torrada de polbo e grelos ao queixo de Arzúa.

Foto: www.santiagoetapas.com. Flor de remolacha

Actualidad

    sígueme en Twitter

    © 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura