Merluza de Celeiro con agridulce de pimientos rojosPara celebrar o éxito acadado pola Pescada de Celeiro con caldo de pementos verdes e pilpil de limón visitamos o mércores Casa Marcelo, onde nos sorprenden cunha nova versión da mesma pescada, neste caso con “agridoce de pemento vermello”. No prato e na foto pode parecer unha pescada con allada, pero nada máis lonxe da realidade.

Pero volvamos ao comezo. Antes de comezar a comida Marcelo preguntou se nos importaba probar moitos pratos e, ante a nosa resposta afirmativa, avisou de que non rebañáramos o que nos fora chegando, cousa que máis ou menos foi facendo a miña muller. Pero eu nin fun quen de resistirme a acabar co que viña nos pratos e ao final, por prudencia do cociñeiro que non nos quería empachados, quedaron un par de cousas por probar.

Lee el resto de esta entrada »

“Los jueves milagro” era o título dunha película de Luís García Berlanga que da un titular estupendo cada vez que hai novas en xoves, así que non é a primeira vez que o emprego, inda que non sexa capaz de lembrar onde o fixen antes.

Este xoves, 11 de decembro, San Dámaso (Papa) e santos Paulo, Fidel e Masona, bispos, non haberá (¿ou si?) milagre en Compostela, pero o mesmo da, porque os amantes da boa mesa van ter oportunidade de asistir ao nacemento dun novo restaurante, un restaurante agardado por todos durante longos meses.

Lee el resto de esta entrada »

Escena: bar de boa reputación de Santiago de Compostela. Un grupo nunha mesa. O cliente achégase á barra, deserta e abre un xornal.

- Unha Estrella, por favor.

- Non temos Estrella. ¿Damm? ¿Heineken?

- Mellor un branco. ¿Terá un godello?

O cliente mira o xornal mentres lle serven o viño. Algo despois, o camareiro volve achegarse e di:

- Agora voulle poñer unhas lentellas.

Marcha para a cociña e mentres o cliente observa. No outro extremo da barra vasos e tazas do café sen recoller e no moble da parede varios montóns de papeis que aparentan facturas e cousas semellantes. A sensación de desorde incrementase por mor da pila de botes de Coca Cola e Aquarios no chan xunto á porta da cociña.

- Ollo coa cazoliña que queima. Di o camareiro que pon na barra unha abundante tapa de lentellas.

O cliente esquece o desorde do local e volve co xornal. E cando pensa que as lentellas arrefriaron toma unha culleradiña e queima a lingua con elas.

- A cazola estaría quente, pero as lentellas fervían, pensa.

Pasan os minutos, remata o viño e paga 2 euros polo mesmo. Máis da metade das lentellas quedan na cazola por mor dunha temperatura excesiva.

Baixa o pano.

Pois todo isto me aconteceu a min en Compostela, nun local cuxo nome calo polo momento.

Pero, ¿que é peor, non ter Estrella en Galicia, cando é a cervexa que os galegos demandan nunha maioría abrumadora, ou servir as lentellas quentes coma chumbo fundido?.

Pan de nueces© Colineta, 21-11-2008.-Un delicioso pan de noces, elaborado con mestura de diversas fariñas, mercado en Santiago de CompostelaMáis fotos de pan en Flickr

Fabas de Lourenzá con setas© Colineta, 17-11-2008.- O sábado, ao remate da primeira sesión dos talleres de Santiago Repetirás tiña unha cita na rúa Galeras. Iago Castrillón, cociñeiro e propietario do restaurante Acio convidarame a tomar un viño para agasallarme cunha tapa de fabas e cogomelos, sabedor como é de que me gustan unhas e outros.

Lee el resto de esta entrada »

Olliño os amantes da vieiras nestes meses de verán. Non merquen gangas nin marisco de procedencia descoñecida, non vai ser o demo.

Lee el resto de esta entrada »

Fotografar fotógrafos é unha perversión que me perde. Na Praza de Abastos de Santiago de Compostela aínda máis

Lee el resto de esta entrada »

A “sardiña de San Xoán” do restaurante Acio foi elixida Mellor Tapa no concurso de tapas de Santiago de CompostelaLa “sardina de San Juan” del restaurante Acio fue elegida Mejor Tapa en el concurso de tapas de Santiago de Compostela

Lee el resto de esta entrada »

o 28 de xuño ao 13 de xullo SANTIAGO(é)TAPAS dará a oportunidade a tódolos bares e cafeterías da cidade de presentar as súas mellores tapas aos composteláns e visitantes, nun concurso organizado por Turismo de Santiago, organismo municipal que está a converter Compostela na capital da gastronomía galega, como o proban os sucesivos eventos organizados: tour gastronómico, Santiago Repetirás, Forum Gastronómico, agora o concurso de tapas… e o que virá.

O concurso foi presentado publicamente hoxe polo concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quen explicou que a cousa vai máis alá dun concurso ao estilo habitual, cun curso previo dirixido aos hostaleiros interesados, rutas de tapas, premios para hostaleiros e público e un orixinal elemento: o “tapasporte”, que os clientes poderán selar (¿habería que dicir “visar?) en cada establecemento que visiten e que lles dará dereito a premio a tódolos que completen unha ou máis etapas. Os clientes poderán ademais votar as súas tapas favoritas e participar desta maneira no sorteo de dous billetes de Air Berlín a calquera destino europeo operado por esta compañía.

Os hostaleiros premiados tamén terán premios en metálico (1.000 euros en cada categoría), diplomas, regalo, dúas páxinas de publicidade en prensa escrita para a mellor tapa e a posibilidade de gañar unha viaxe para dúas persoas ao Forum Gastronomic de Xirona do próximo ano.

O curso de tapas para hostaleiros será impartido por expertos vascos e cataláns de primeirísima liña: Edorta Lamo e Íñigo Cojo de A Fuego Negro (San Sebastián) e Paco Guzmán do Restaurante Santamaría (Barcelona).

Pan de GuntínVolvo a escribir sobre pan porque me agasallaron con esta estupenda peza procedente do concello de Guntín, na provincia de Lugo. Foi en “A Troia”, un establecemento emprazado na compostelá rúa do mesmo nome e que recomendo a todo o mundo pola calidade dos produtos que alí se poden atopar e a paixón que a súa propietaria, Bernarda Gómez, pon no seu traballo. Pan tradicional procedente dos mellores fornos de Galicia e outros especiais elaborados alí mesmo, unha impresionante oferta de galletas, tortas, biscoitos, pastas… Artesanía pura feita con produtos de primeira calidade e cun ingrediente fundamental: o desexo de ofrecer aos clientes os mellores produtos. “Canela fina”, que diría un castizo.

Para os amantes do bo pan na zona de Compostela direi que este pan de Guntín chega a A Troia tódolos martes e o venres tócalle a quenda ao de Ousá, no tamén lugués concello de Friol. Eu estaba presente cando chegou o envío e as dúas primeiras pezas foron para unha clienta que asegurou que con eso tiña pan para toda a semana. “A min durame fresco ata o próximo luns”, dixo.

A Troia” vende tamén os seus produtos por internet e recentemente os norteamericanos puideron ver na televisión a Bernarda preparando unha empanada. Foi no novo programa do cociñeiro asturiano afincando en Washintong, José Andrés, que en Compostela elixiu dous establecementos de primeira liña para gravar: A Troia e Casa Marcelo.

Por encarga Bernarda tamén prepara tortas de Santiago. A ver se mañá amoso a que teño aínda envoltiña e a podemos comparar coas de orixe industrial que mercan os turistas.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura