Para celebrar o éxito acadado pola Pescada de Celeiro con caldo de pementos verdes e pilpil de limón visitamos o mércores Casa Marcelo, onde nos sorprenden cunha nova versión da mesma pescada, neste caso con “agridoce de pemento vermello”. No prato e na foto pode parecer unha pescada con allada, pero nada máis lonxe da realidade.
Pero volvamos ao comezo. Antes de comezar a comida Marcelo preguntou se nos importaba probar moitos pratos e, ante a nosa resposta afirmativa, avisou de que non rebañáramos o que nos fora chegando, cousa que máis ou menos foi facendo a miña muller. Pero eu nin fun quen de resistirme a acabar co que viña nos pratos e ao final, por prudencia do cociñeiro que non nos quería empachados, quedaron un par de cousas por probar.
A 


