Pedro Roca deixa o Alameda para poñer a punto o seu propio restaurante, que abrirá en setembro na zona compostelá de Galeras
Atentos composteláns: volve o Alameda. Foi un dos restaurantes máis clásicos de Santiago, no que se coceron algúns dos acontecementos da nosa historia máis recente e sede de afamadas tertulias. Ata que un día pechou as súas portas. Despois reabriu fugazmente como cervexería para volver a pechar.
Agora está xa todo disposto para a reapertura, conservando o seu signo máis distintivo: a cociña tradicional, de produto, pero modernizada por mans expertas.
No novo Alameda haberá dous ambientes ben diferenciados: na planta baixa cociña tipo bistró, con produtos de primeirísima calidade e prezos razoables.
Na planta superior renacerá o ambiente de restaurante clásico de sempre.
Á fronte dos fogóns un cociñeiro compostelán de primeira liña cuxo nome polo momento non poido revelar.
So falta a licenza municipal para instalar na rúa uns andamios que permitan renovar a galería da planta superior. Despois desa obra abrirá inmediatamente as súas portas ao público. O obxectivo é que no verán estea funcionando.


