Os defensores do uso de aditivos na cociña, polo menos na cociña dos grandes chefs, que a día de hoxe son lexión, teñen un novo referente para reforzar as súas teses en blogs e tertulias: o artigo que Rosa Rivas publica en El País con entrecomillados da Axencia Nacional de Seguridade Alimentaria (AESAN), extraídos da páxina web deste organismo estatal dependente do ministerio de Sanidade e Consumo. De ditos entrecomillados pódese deducir que os preocupados polo uso de aditivos, legais ou non, na cociña somos algo paranoicos.

Mágoa que en El País non se publique tamén o que eu entrecomillo de seguido, que se atopa na mesma páxina do apartado de “preguntas frecuentes” da web de Aesan da que o xornal sacou o que sí publica.

Aesan di:

Pese a todas estas garantías, el Código Alimentario Español sólo contempla la utilización de aditivos si:

- Existe una necesidad manifiesta y representa una mejora evidente sobre las condiciones de los alimentos.

- Se ha comprobado experimentalmente que su uso está exento de peligro para el consumidor

- Reúnen las debidas condiciones de pureza

- Pueden identificarse en los alimentos mediante métodos analíticos sencillos

Se prohibe la utilización de aditivos siempre que exista la posibilidad de lograr los mismos efectos por otros métodos, si puede provocar engaño al consumidor por enmascarar la verdadera calidad del alimento, si disminuye el valor nutritivo de los alimentos, o si los alimentos a los que se agregan pueden ser una parte importante de la ración de grupos vulnerables (lactantes, niños).”

A metilcelulosa de Santi Santamaría está orixinando a publicación de informacións relacionadas co uso de certos produtos na cociña. Onte lía en consumaseguridad unha información sobre compoñentes de algúns envases plásticos e hoxe no mesmo canal do grupo Eroski pódese ler un artigo sobre os posibles riscos microbiolóxicos do agar-agar, que é precisamente a substancia que se emprega nos laboratorios para cultivar microorganismos.

Asina o artigo Maite Pelayo, microbióloga especializada en seguridade alimentaria.

Volvo sobre o que levo dito xa varias veces: sexamos prudentes no que publicamos.

Segundo leo en consumaseguridad, un dos canais electrónicos do grupo Eroski, as autoridades sanitarias do Canadá veñen de declarar o bisfenol A como substancia perigosa para a saúde. A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) xa anunciou que vai revisar a súa postura respecto deste elemento, que polo momento é de uso legal.

O disfenol A está na composición, entre outros, de biberóns infantís, materiais de envasado fabricados con policarbonatos, botellas de auga, recubremento interior de latas de conserva, etc. Evidentemente non tódolos envases citados teñen porque conter disfenol A e as autoridades canadenses parecen actuar por prudencia ante posibles efectos negativos.

Casos coma este danse continuamente na industria agroalimentaria. As novas técnicas, os novos aparatos, os novos coñecementos permiten cambiar de idea de un día para outro e o que onte se consideraba inocuo hoxe é perigoso.

O coñecemento da alimentación e todo aquilo que o rodea avanza como tódalas ciencias. Inda lembro que cando era neno moita xente morría dunha enfermidade hoxe descoñecida: o “de repente”. Unha enfermidade que desapareceu cando a xente comezou a escoitar falar do infarto, por exemplo.

¿Imaxinan vostedes a que se ía armar se calquera día nos chega outra nova como a do bisfenol A pero protagonizada pola metilcelulosa?. Non me cansarei de dicir que nestes asuntos hai que ser moi comedido, pero cada día vexo máis imprudentes na rede.


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura