© Colineta, 27-11-2008.- En decembro de 2006, despois da Cata dos Meles de Galicia, publicaba en El Progreso o artigo que segue e no que daba conta dunha realidade indiscutible: o mellor mel de Galicia é do Valadouro. Dicía entón:
“O mellor mel de Galicia ten nome lucense: O Trobo, mel producido no Valadouro por Marifé Sixto Pernas, coa inestimable axuda de seu pai, Xavier, cunha longa experiencia no mundo das abellas e os seus produtos, xa que procede dunha familia de fabricantes de candeas, cando estas se fabricaban con pura cera de abellas: os aquilinos.








