Vierias decomisadas en Santiago en julio. De Colineta

© Colineta, 14-11-2008.- Segundo informa Xornal.com, o pasado mércores a Garda Civil detivo a dous arousáns que levaban no seu coche máis de 1.100 vieiras ilegais. O xornal non indica cal era o destino das vieiras, que foron atopadas despois de que os detidos escaparan dun control rutineiro e foran posteriormente interceptados.

Resulta evidente que os furtivos non sacarían vieiras do mar se non tiveran onde vendelas. ¿Que escarmento necesitamos para deixar de mercar o que non debemos?

© Colineta, 14-11-2008.- “Que falen de min inda que sexa mal” é unha máxima popular que entre bromas e risas aplica máis de un. Mellor que falen mal a quedar silenciado pola indiferenza.

É moito máis común do que moitos cren que os propios interesados, ou xentes dos seus círculos máis achegados, propaguen rumores que serven para manter unha persoa, unha marca, un negocio, en primeira liña informativa inda que finalmente non se confirme. Pódese incluso conseguir un dobre efecto: que se fale de un durante o período en que a expectativa segue viva e que se siga falando cando a mesma queda descartada. Falando mal uns e lamentando o desenlace outros, pero falando, que é o interesante.

A técnica chegaron a empregala ata aspirantes a ministro do Goberno, incluso xentes que acabarían sentadas na mesa do Consello de Ministros.

¿E se finalmente a próxima semana Sergi Arola non ten as dúas estrelas Michelín que tanto lle auguran?. Porque hai quen, en privado, asegura que o rumor é falso.

© Colineta, 14-11-2008.- The Wine Codex é o novo proxecto de Manuel Gago, de ben coñecida traxectoria enogastronómica a través do seu blog Capítulo Cero. O feliz alumbramento tivo lugar onte mesmo, 14 de novembro.

Lee el resto de esta entrada »

© Colineta, 12-11-2008.- Patacas que parecen esculturas de Botero, cenorias que semellan ter dúas pernas e cabeza e tantas outras curiosidades vexetais eran ata o de agora privilexio de agricultores e cultivadores ocasionais e o resto dos mortais tiñamos que conformarnos con miralas nos xornais ou na televisión.

Lee el resto de esta entrada »

© Colineta, 12-11-2008.- Comentaba o pasado día 1 o uso que os nosos devanceiros deron á cabaza nun caldo sinxelo, vexetal, pero certamente delicioso. A receita xa a din nunha ocasión pasada, pero como esta mesma semana preparei un deses caldos antigos, volvo a poñela na compaña das súas fotos.

Lee el resto de esta entrada »

Chef Kumale© Colineta, 11-11-2008.- “… no hay duda de que la nueva cocina catalana, junto con la vasca y, más recientemente, la cocina gallega contemporánea, es un mundo de referencia para quienes participan en la alta cocina”. As palabras non son miñas (as comiñas tampouco), senón do xornalista gastronómico italiano Vittorio Catellani, Chef Kumalé, no primeiro post do seu recén estreado blog no xornal italiano La Stampa.

Chef Kumalé coñeceu a cociña galega no mes de xullo de 2007, nunha xira que o levou por algúns dos mellores restaurantes da nosa terra e na que tiven a fortuna de ser o seu guía en Compostela. Atopámonos de novo en Madrid Fusión e despois volveu a Galicia polo Forum Gastronómico. A última vez que nos vimos foi o mes pasado no Forum del Mar de Cambrils onde tivemos uns poucos minutos de charla (el chegaba, eu estaba a piques de saír cara ao aeroporto) e falamos de proxectos, das andanzas dunha pulpeira galega en Italia (levouna el para unha feira gastronómica, pero deso falaremos noutra ocasión) e do moito que lle gusta a nosa terra e a nosa cociña.

Seguramente esta non vai ser a única vez que Chef Kumalé escriba no seu blog sobre a cociña galega

Vendedora de quesos© Colineta, 11-11-2008.- O 11 de novembro hai que escribir sobre castañas. San Martiño é época de matanzas e magostos, especialmente na provincia de Ourense, onde a tradición se conserva cunha gran forza.

Hai un ano menos un mes escribía sobre dúas receitas da campaña Santiago Repetirás (ollo, este ano comeza o próximo sábado) unha das cales tiña como protagonistas as castañas, que sempre se comeron, e moito, na Galicia campesiña, inda que a cousa non chegara aos niveis que os mitómanos nos queren facer crer cando aseguran que ata a chegada das patacas a Galicia as castañas eran a base da alimentación dos nosos antepasados. Deso tamén teño escrito, para desmitificalo, por moito que teña que recoñecer que é un mito ben bonito.

Antes as castañas comíanse cocidas, que era como se consideraban un alimento cabal. Asadas tiñan a consideración de lambetada, de argallada para cando non había máis que facer… menos no día do magosto, claro está, en que se convertían na estrela. E cocidas comíanse en caldo, caldo de castañas, que non é nin se parece ao caldo galego de grelos (ou de calquera outra verdura), inda que o mito…

- Pois dalle cos mitos rapaz, non podes deixarte de mitoloxías e centrarte no que nos ocupa.

- Que quere que eu lle faiga, Petuisis, se ata a algúns sabios se lles enche a boca cando falan de castañas

Pois dicía, antes de que me interrompera o amigo Filomeno, que as castañas se comeron no caldo, ou acompañadas de leite e azucre, que foron cea común nas vilas e aldeas ata non hai moito tempo, ou na compaña de arenques.

Hoxe as cousas cambiaron e pódense ver na gornición dalgúns pratos, especialmente agora que estamos en temporada de caza. E están en marróns glaces, dos que Galicia é gran produtora, en cremas, marmeladas, bombóns,  xeados, con vino, tortas do Caurel, en viños e ata en augardentes que so se poden mercar en Xapón, xa que as catro ou cinco mil botellas que Xosé Posada produce cada ano do Kouri Sochu so están presentes no mercado nipón.

O 11 de novembro é tamén día da feira cabalar do San Martiño, en Teo, preto de Compostela. Vou achegarme ata alí e, se dou con elas, comer unhas castañas

Á procura do cogumelo é o programa que a empresa de turismo alternativo Meigalicia desenvolve nos catro primeiros fins de semana de novembro en colaboración con Turgalicia.

Por un prezo de 77 euros por persoa (40 no caso de menores de 13 anos), os participantes teñen dereito a dúas noites de estancia nunha casa de turismo rural en réxime de habitación e almorzo, curso de iniciación á micoloxía e comida campestre.

Na foto, remitida por Meigalicia, aparecen os participantes no cursiño da pasada fin de semana, non sei se antes ou despois da súa comida campestre composta de empanada de bacalao, empanada de carne, tortilla de patacas, embutido de porco celta, pan, castañas asadas, pasteis, café e bebidas variadas.

© Colineta, 10-11-2008.- Que as cousas non andan moi boiantes nestes días para a restauración é cousa ben sabida. Cada un loita contra a crise como pode ou sabe e se hai poucas semanas tratábamos aquí da implantación dun menú de crise no restaurante cambadés Pandemonium, agora é a cociñeira Toñi Vicente a que o fai.

Dende hai días Toñi Vicente ven ofrecendo un menú ejecutivo que o pasado venres se compoñía de:

- Aperitivo
- Salmón mariñado, gelée de tomate e xelado de queixo do Cebreiro.
- Risotto de moluscos e algas.
- Xarrete estufado con verduriñas.
- Sobremesa da casa.

Acompañado con Valtea (D.O. Rías Baixas) e Anta (D.O. Ribera del Duero) o prezo é de 35 euros máis IVE, é dicir, 40,6 euros.

O menú degustación habitual do restaurante continúa en 91,64 euros (IVE incluído), con bebidas aparte.

© Colineta, 10-11-2008.- “As distintas uvas de Rías Baixas” é o título da conferencia que un sumiller da denominación de orixe Rías Baixas dará no marco da semifinal do concurso “Nariz de Oro” que ten lugar en San Sebastián o 11 de novembro.

Rías Baixas participa como expositor a longo de todo o certame, considerado como maior concurso de España en cuestión de viños, que organiza a revista Vino y Gastronomía


© 2007 Colineta | Curved 3-Columnas por Felix Ker & JustSkins.| Traducido por Trazos Web & Arquitectura