© Colineta, 25-11-2008.- Hoxe hai centola galega no mercado. É a nova do día despois de que onte se abrira a temporada de capturas deste crustáceo excepcional, despois de varios meses de vedas. No porto do Grove, o máis importante de Galicia na captura de centolas, descargáronse máis de 3.000 quilos, que se remataron en primeira venda entre 6 e 15 euros entre o optimismo dos mariscadores, que agardan que de cara ao Nadal os prezos se manteñan ou se incrementen.
© Colineta, 24-11-2008.- Din que o queixo de San Simón dá Costa, un dos máis peculiares de Galicia, procede da mesma prehistoria e atribúese a súa orixe ás tribos prerromanas que habitaban as serras do norte da provincia de Lugo. A posible orixe prerromano do queixo vese reforzado polas alusións ao mesmo do poeta Marcial, quen tamén dá crédito ao aprecio que Roma tiña por este produto.
(Lee mi reportaje sobre el queso de San Simón en el número de octubre de la revista Origen).
© Colineta, 24-11-2008.- A primeira das accións de “Merco e cociño con…” incluídas no programa Santiago Repetirás pechouse cun gran éxito tanto pola satisfacción dos participantes como pola acollida que a mesma tivo entre os medios de comunicación.
© Colineta, 23-11-2008.-A VII Cata dos Meles de Galicia e a XI Cata dos Queixos de Galicia comeza en Santiago de Compostela o luns 24 de novembro e rematará o xoves 27 coa entrega dos galardóns nun acto presidido polo conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal.
A VII Cata dos Meles de Galicia organízase en colaboración co Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e coa participación dun total de 19 meles galegos a concurso, dos que seis son monoflorais e trece multiflorais. Os sete expertos que conforman o Panel de Cata realizarán un exame visual, olfactivo e gustativo das mostras, fixándose en aspectos como a intensidade do cheiro, o gusto, ou a homoxeneidade do produto. Os seis meles multiflorais mellor clasificados na fase de selección pasarán pola tarde á Cata Final da que sairán os 3 meles premiados.
© Colineta, 23-11-2008.-Vintedous restaurantes composteláns e vintetrés bares e taperías ofrecen as súas especialidades de outono no marco do programa Santiago Repetirás, que organiza Turismo de Santiago, organismo dependente do concello.
Ao longo dos meses de novembro e decembro a cociña de outono estará presente, con menús especiais, nos restaurantes A Curtidoría, Alameda, Angel, Barrigola, Caney, Casal do Cabildo, De Profundis, Descorche, Doña Ana, El Cayado, El Patio, Enxebre, Garum Bistró, La Bodeguilla de San Lázaro, La Bodeguilla de San Roque, La Codorniz, Madam Ragú, Mediterráneo, O Celme do Caracol, Restaurantes dos Reis, Toñi Vicente e Tránsito dos Gramáticos.
© Colineta, 22-11-2008.-”É a mellor carne que comín na miña vida” asegurou Martín Berasategui respecto da carne galega de vacún, na presentación en Silleda da marca de calidade Vac.1, na que cociñou na compaña de Flavio Morganti e onde tamén tivo protagonismo Luismi carnicerio vasco que leva décadas mercando a carne de vaca galega que despois serven nos seus establecementos os mellores cociñeiros de España.
A pequena entrevista que lle fixen a Berasategui pode escoitarse aquí.
© Colineta, 21-11-2008.-Un delicioso pan de noces, elaborado con mestura de diversas fariñas, mercado en Santiago de CompostelaMáis fotos de pan en Flickr
© Colineta, 21-11-2008.-Son moitas as fotos que onte fixen no Pepe Vieira Camiño da Serpe con motivo da presentación da subhasta de viños e arte que terá lugar en decembro. Pero estas tres gústanme especialmente:
Dende hai algunhas semanas estou subindo á miña conta de Flickr algunhas dos moitos miles de fotos que acumula o meu disco duro. Alí están para compartir con todos e gustosamente cederei o uso de calquera delas a quen o solicite, sempre que sexa para uso non comercial
© Colineta, 21-11-2008.-Ata esta mesma semana o punto de gravidade da cociña das estrelas galegas debía andar por Beorobe, no concello de Tordoia, un nome curioso que sílaba a sílaba pronúnciase o mesmo de esquerda a dereita que de dereita a esquerda, que está máis ou menos no medio da Coruña (dúas estrelas Michelín ata onte mesmo), Santiago de Compostela (mesmo número de estrelas) e Santa Comba (unha).
Pero a concesión dunha estrela a Pepe Vieira Camiño da Serpe e a perda das de Playa Club (A Coruña, que quedan con unha) e Toñi Vicente (Santiago, que queda con outra), fixo que ese punto de gravidade se trasladara moito máis ao sur e agora debe andar por algún lugar do concello de Meaño, cunha estrela ao norte (Yayo Daporta, en Cambados), dúas ao sur (Casa Solla e Pepe Vieira en Poio, que se converte no concello galego máis estrelado) e unha cuarta ao sur oeste (A Taberna de Rotilio, en Sanxenxo). O novo Campus Stellae galego está a cabalo das rías de Arousa e Pontevedra
Ver mapa más grande
© Colineta, 20-11-2008.- “¡Ouh, espadeiro amante! ¡Ouh, roxo e quente
sangue do corazón da nosa terra!
¡Acende os corazóns dos apoucados!
¡prende lume nas almas, viño celta!”
Ramón Cabanillas, o poeta da raza, cantou así ao viño espadeiro nunha composición titulada “Diante dunha cunca de viño espadeiro” publicada en 1917. Despois del, Álvaro Cunqueiro falou mil veces, e sempre ben, deste vello viño galego, que leva décadas ausente do panorama vitivinícola.

