Guía gastronómica Santiago de Compostela
Miguel Vila Pernas (colabora: Jorge Guitián)

Edita Turismo de Santiago
Publicación: 2008

A primeira guía gastronómica da cidade do Apóstol, con información sobre produtos, restaurantes, tapas e racións, pastelerías, compras gourmet, mercados e ultramarinos tradicionais…

Hora de comer
Miguel Vila Pernas

Colección Branco de Cores
Editorial Sotelo Blanco
Publicación: 2007

Un conto para nenos no que Sara e o seu amigo imaxirano Branco de Cores percorren os lugares máis emblemáticos da gastronomía compostelá

A cociña do Entroido e San Xoán
Miguel Vila Pernas

Gastronomía Xerais
Edicións Xerais de Galicia
Publicación: 2006

Premio Gourmand World Cookbook Awards “Best entertaining cookbook” 2006

Un libro práctico que debulla a cociña do entroido (co porco como protagonista da mesa) e a cociña do San Xoán (evocada polas sardiñas e os churrascos).

A cociña do Merlín
Miguel Vila Pernas

Colección Guías Galaxia
Editorial Galaxia
Publicación: 2005

Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2006.

Unha viaxe a través das receitas, os pratos e os alimentos que gorentan, cociñan e comen os personaxes de Merlín e Familia.

Caldeirada para dous (mortos)
Miguel Vila Pernas

Editorial Lea
Publicación: 2003

Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2004.

Unha visión histórica da cociña e gastronomía tradicional galega da man das citas gastronómicas na novela Mazurca para dos muertos do premio Nobel de Literatura Camilo José Cela.

Diccionario galego de gastronomía
Miguel Vila Pernas

Edicións Lea
Publicación: 1999

O primeiro e único diccionario galego de gastronomía, publicado en 1998

O crime de Santa Cruz do Valadouro
Miguel Vila Pernas

Ediciós do Castro
Publicación: 2004

Un caso real. O asasinato do cura de Santa Cruz do Valadouro e tres criados, acontecido en 1888. O xuízo polo caso rematou coa condena a morte en garrote dos seis acusados.

Olería tradicional en Galicia
Miguel Vila Pernas

Editorial Lea
Publicación: 1998

Un repaso pola olería tradicional que aínda se conserva en Galicia e pola xa desaparecida.