“Sen obxectivo” 45 bodegóns e naturezas mortas fotografadas con escaner compoñen a exposición inaugurada en abril en Santiago de Compostela

Corenta e cinco fotografías (bodegóns e naturezas mortas) realizadas “sen obxectivo” xa que a única “máquina” empregada foi un escaner de sobremesa, compoñen a exposición “Sen obxectivo” que estará colgada no hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela, dende comezos de abril ata o mes de setembro de 2017.

A exposición é o resultado de escanear obxectos tridimensionais nun traballo fotográfico único e irrepetible.

Todas as obras están á venda ao prezo de 100 euros cada unha, destinándose unha parte do recadado ao longo dos seis meses a fins sociais a través dunha ONX.

As fotografías tamén se poden adquirir a través de sinobjetivo.colineta.com

Quero destacar o traballo de organización realizado por Galantiqua Arte & Antiguidades e Mareiras Spacio de Arte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *