Rosquillas de romería

O domingo pasado falamos en BenBoísimo (Con Voz de Domingo, Radio Voz) das roscas de romería e lembraronme este post que publiquei en 2012 e que hoxe volvo a traer aquí actualizado.

En xullo e agosto Galicia enteira é unha romaría, e non hai romaría que se prece sen os correspondentes postos de rosquilleiras nos que se venden roscas e rosquillas de moi diversos tipos, inda que poidan parecer todas iguais. Unhas son brancas e outras amosan unha bonita cor dourada. Hainas cubertas de azucre e outras sen el. Unhas levan ovos na súa composición e noutras non. Na meirande parte dos casos o anís é ingrediente fundamental, pero non sempre.

En A cociña galega Cunqueiro dedícalles so un párrafo, pero ben saboroso, incluíndo receita ao seu modo das roscas de viño tinto, e decántase por acompañar as roscas cun bico de tostado do Ribeiro.

A min gústanme todas, pero de maneira moi especial as de Cristaleiro (Gondomar) que se atopan en moitas romarías, e as de Aurita (Lalín) que é máis doado atopar polo Deza. Ambas con ovos e sen anís. E moi especiais son as de masa follada de Ponteareas, comercializadas baixo a marca de calidade “Rosquillas de Ponteareas”.

A foto reflicte un bo posto de roscas na romaría de Santa Minia (Brión), que se celebra cada 27 de setembro.

Rosquillas en Santa Minia de Bri?n (Foto Miguel Vila)
Rosquillas en Santa Minia de Brión (Foto Miguel Vila)

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *