Roscas de romería
En xullo e agosto Galicia enteira é unha romarÃa, e non hai romarÃa que se prece sen os correspondentes postos de rosquilleiras nos que se venden roscas e rosquillas de moi diversos tipos, inda que poidan parecer todas iguais. Unhas son brancas e outras amosan unha bonita cor dourada. Hainas cubertas de azucre e outras sen el. Unhas levan ovos na súa composición e noutras non. Na meirande parte dos casos o anÃs é ingrediente fundamental, pero non sempre.
En A cociña galega Cunqueiro dedÃcallles so un párrafo, pero ben saboroso, incluÃndo receita ao seu modo das roscas de viño tinto, e decántase por acompañar as roscas cun bico de tostado do Ribeiro.
A min gústanme todas, pero de maneira moi especial as de Cristaleiro (Gondomar) que se atopan en moitas romarÃas, e as de Aurita (LalÃn) que é máis doado atopar polo Deza. Ambas con ovos e sen anÃs.
A foto reflicte un bo posto de roscas na romarÃa de Santa Minia (Brión), que se celebra cada 27 de setembro.
No son mi dulce favorito de Galicia, porque a mi me gusta más lo húmedo y pellizcable. Pero es muy bonito encontrarse esos puestos con las roscas ensartadas 🙂
prova