Chocolate con queixo #7AdíadelquesoSanSimón

Chocolate con queso

O uso do queixo na cociña colombiana resulta fundamental, pero nunca pensei que o chocolate con queixo podería ser un almorzo habitual daquelas terras, que acabou traspasado á miña casa por vía matrimonial. Falo dunha fumegante cunca de chocolate con leite na que se introduce un anaco de queixo que, coa calor do líquido se funde, e despois se come con culler.

A preparación é sinxela. Ponse na chocolateira, ou nun cazo alto, tantas cuncas de leite como de chocolate se queiran obter… e un pouco máis para compensar a evaporación. Engádese tamén unha onza de chocolate colombiano por cada cunca de leite… e un pouco máis.

Na miña casa empregamos chocolate Luker, cen por cento cacao, sen azucre, nin fariñas, nin aromatizantes, e por iso por cada cunca de leite engadimos dúas culleradiñas de azucre. Tamén poñemos un pau de canela e lume debaixo da chocolateira.

O chocolate debe ferver. Haberá que levantar o fervor dúas ou tres veces, remexendo de vez en cando, inda que non é preciso remexer seguido, como no caso do chocolate español, xa que o colombiano, que como dixen é puro cacao, non espesa tanto e, polo tanto, corre menos risco de pegarse.

A todas estas, mentres o chocolate vai fervendo, os colombianos, ou máis ben as colombianas, adoitan bater nel co pau da chocolateira. Eu, que non son tan enxebre nin tan sacrificado, procedo polo sistema fácil: rematada a cocción retiro o pau de canela e introduzo o brazo da minipimer, que con moito menos esforzo consegue o mesmo chocolate escumoso.

Despois non queda máis que servir as cuncas e introducir dentro de cada unha delas un anaco de queixo. Eu hoxe quixen que fora queixo de San Simón e o resultado foi extraordinario, aportando o seu fume un aroma máis a un chocolate que xa de por si é aromático e moi saboroso.

Ampliación: #7AdiadelquesoSanSimon foi a etiqueta creada polo consello regulador co obxectivo de converter o 7 de abril no día deste queixo na rede. Aparte dunha importante presenza en twitter, bloggers de toda España publicaron ese día as súas receitas con este queixo. A lista pódese ver neste curioso blog que ilustra os seus posts con agulla e fío: La niña pimiento

8 thoughts on “Chocolate con queixo #7AdíadelquesoSanSimón

  • 07 de Abril de 2012 at 00:42 12Sat, 07 Apr 2012 00:42:19 +000019.
    Permalink

    Esto lo pruebo yo seguro 100%, ya te contaré 😀

    Reply
  • 07 de Abril de 2012 at 13:08 01Sat, 07 Apr 2012 13:08:40 +000040.
    Permalink

    Me he quedao muerta!! Esta receta si que es original e inesperada….pienso probarla sin duda!

    Reply
  • 07 de Abril de 2012 at 18:15 06Sat, 07 Apr 2012 18:15:16 +000016.
    Permalink

    Nunca lo había visto y la curiosidad me mata…xDDD. bESOS

    Reply
  • 07 de Abril de 2012 at 21:42 09Sat, 07 Apr 2012 21:42:28 +000028.
    Permalink

    Me ha sorprendido mucho..no imaginas cuánto!…Seguro que el día que haga chocolate en casa, cambio los churros o las porras por queso!…Besos

    Reply
  • 08 de Abril de 2012 at 10:55 10Sun, 08 Apr 2012 10:55:27 +000027.
    Permalink

    Espero que lo probeis todos y ya contareis la experiencia. En Colombia suelen emplear queso tierno de vaca, pero con San Simón va muy bien… y con Arzúa-Ulloa o Tetilla también

    Reply
  • 08 de Abril de 2012 at 16:53 04Sun, 08 Apr 2012 16:53:18 +000018.
    Permalink

    Yo también lo probaré, sin duda! 🙂

    Reply
  • 10 de Abril de 2012 at 11:38 11Tue, 10 Apr 2012 11:38:45 +000045.
    Permalink

    original combination.. I’ll try it..

    Reply
  • 12 de Abril de 2012 at 01:32 01Thu, 12 Apr 2012 01:32:57 +000057.
    Permalink

    Chocolate con queso? Me he quedado ojiplática, vaya vaya, tengo que intentar esto!!!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *