A botella decantadora cruza os Pirineos

A botella decantadora deseña polo equipo no que se atopa integrado o cociñeiro italo-galego Flavio Morganti vai gañando adeptos pouco a pouco.

No seu momento foi Abadía da Cova a primeira marca galega que optou polo novo envase e posteriormente uníronse novas adegas e ata unha marca de aceite.

Agora “Louis Rapin 2008”, elaborado con uvas merlot biolóxicas, convertese no primeiro viño francés embotellado nesta botella. Trátase dun viño feito sen o emprego de sulfitos nin outros aditivos, envellecido en barricas novas de carballo francés durante dous anos.

A forma da botella, segundo o responsable da adega Maison Blanche, produtora deste viño, Nicolas Despagne Rapin, fai dela “un obxecto precioso porque contén un produto verdadeiramente natural” “é unha botella ideal para os grandes viños que perduran no tempo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *