A culler que asubiaba

Sentado á mesa, decidindo si sería mellor comer os callos con culler ou con tenedor -esto era nunha taberna santiaguesa, na rúa do Franco-, a culler asubioulle a Amadeo, e este interpretou:

¡Con cuchara más se acapara”

A culler falaba en castelán e en verso“.

O texto é de Álvaro Cunqueiro (Os outros feirantes). Amadeo de Sabres, personaxe retratada por Cunqueiro, acabou descansando unha temporadiña en Conxo.

E non lles estrañe. A Amadeo un día asubioulle o paraugas (“Coidaba que me esquecías home” díxolle cando collía) e a partir de entón todo lle asubiaba.

Asubioulle a culler, como ven, pero tamén lle asubiou o estómago pedíndolle arroz con leite. “E miren que casualidade, que a víspera dixéralle Amadeo á muller cando ían para a cama:

– ¡Muito tempo fai que non me dás aroz con leite!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *