Abadía da Cova, primeiro viño galego en botella decantadora

Abadía da Cova, o viño da denominación de orixe Ribeira Sacra, será o primeiro galego en empregar a botella decantadora Martin Berasategui system, deseñada por un equipo no que o cociñeiro ourensán Flavio Morganti ten un especial protagonismo.

A aposta da adega por esta innovadora botella débese, segundo os responsables da mesma, a que a consideran como o complemento ideal e un novo instrumento para todos es que cren na evolución de viños sen manipulacións,  naturais e de calidade, destacando que mantén os contextos tradicionais porque utiliza de forma única e novedosa os materiais de sempre: vidro e rolla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *