O ano dos Eyo

Polos resultados obtidos ata o de agora, parece que a familia Eyo entrou con bo pé no ano 2010.

Carmen Eyo, pulpeira, foi a gañadora do segundo concurso de pulpeiras, que tivo lugar no marco do Forum Gastronómico Santiago 2010. Carmen xa participara na primeira edición celebrada en 2008.

Esta semana chegou a quenda a Nacho Costoya Eyo, proclamado campión de España de Xefes de Sala e Metres no concurso celebrado en Madrid, no marco do Salón do Club de Gourmets.

¡Que gocen dos éxitos!

Entrevista a Nacho Costoya en A Vivir que son dos días Galicia (Cadena SER)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *