Os “ricos” de Melide

Os ricos son un dóce tradicional que xa so se fan en dous ou tres establecementos de MelideLos ricos son un dulce tradicional que ya solo se hacen en dos o tres establecimientos de Melide

Os melindres de Melide teñen fama en todo o país, pero non son o único dóce tradicional que se elabora na vila coruñesa, único lugar de Galicia onde se producen os ricos unha especialidade pouco coñecida fora da zona.

Hai un par de anos tiven a oportunidade de presenciar todo o proceso de elaboración deste dóce tan peculiar no obradoiro de Casa Melchora, onde me explicaron con detalle a receita e puiden fotografar todo o proceso. O destino daquel traballo era unha reportaxe que se publicou en Galicia Gastronómica e que foi suprimido desta web despois do seu último cambio de imaxe.

Así que aproveito para contar de novo a receita e maneira de preparación dos ricos, que nestes días estiveron de actualidade por mor do taller de repostería tradicional que fixeron pasteleiros da vila cos rapaces dun campamento de verán que ten lugar en Melide.

Precisamos de 3 a 4 quilos de fariña da mellor calidade, 2 quilos de azucre, 24 ovos, cunca e media de anís e un litro de manteiga de vaca cocida derretida ao lume. A cantidade de fariña é estimada (“a experiencia di cando fai falla máis ou é suficiente”, dixeronme) e corresponde ao que é un amasado normal en Casa Melchora, do que se obteñen moitos, moitísimos ricos (ata 240 para esas cantidades) así que para facelos na casa haberá que reducir proporcionalmente tódolos ingredientes.

Coa fariña faise un volcán e no medio cáscanse os ovos, bótase o anís e a manteiga e amásase todo ata ter unha masa semellante á das orellas de frade. Coa axuda dun instrumento especial, semellante a algúns empregados antigamente para embutir os chourizos, exténdese a masa en táboas formando longos cordóns que de seguido se cortan cun coitelo ao tamaño normal dos ricos (arredor de 10 centímetros). Como se pode ver nas fotos, a superficie dos ricos está sucada lonxitudinalmente por longos sucos.

Despois van ao forno (arredor dun cuarto de hora a 200 grados) e unha vez fríos están listos para gozar dos mesmos.


2 thoughts on “Os “ricos” de Melide

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *