Verdades sobre a cervexa

Os galegos consumimos de media 38 litros de cervexa ao ano, fronte aos 79 litros anuais da media española (máis do dobre que en Galicia) ou os 89 litros por ano da zona sur de España.

Son datos publicados pola Asociación de Cerveceros Españoles que me dan a razón no que publicaba o pasado 22 de maio sobre unha enquisa na que se aseguraba que os galegos preferimos cervexa na hora do aperitivo, quedando o viño para o cuarto lugar, despois dos refrescos de cola e limón. + (Ver artigo do 22 de maio) O conto é que esa enquisa faise por encargo dunha asociación de cervexeiros españois e publicase cada ano ao comezo do verán, sempre cos mesmos resultados. Semella que algunha asociación de fabricantes de cervexa está a empregar dito inquerito coma un elemento máis de marketing. Semella tamén que non lles importa mentir descaradamente se iso serve para vender máis cervexa.A cervexa galega é das mellores de España. Penso que os seus fabricantes tamén son máis prudentes que algúns dos seus colegas españois.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *