Mercedes González, nueva presidenta de Gallaecia

En la foto la nueva directiva de la Asociación de Sumilleres Gallaecia, con la que me unen unos especiales lazos de amistad y que el año pasado me galardonó con el título de “Periodista Dinstinguido Gallaecia”.

De izquierda a derecha Eugenio Rodríguez (Vinoteca Cosecha del 64. A Coruña, tesorero),  Alberto Román (El Cabás y Cortello de Ribadeo-Lugo, secretario), Mercedes González (Monitora de Hostelería y Asesora de los Restaurantes Paprica, La Barra y Colón en Lugo, presidenta) y Luís Paadín (Luis  L. Paadín. Monitor de Hostelería, freelance, vicepresidente).

5 comentarios sobre “Mercedes González, nueva presidenta de Gallaecia

  • el 22 de enero de 2010 a las 17:20 05Fri, 22 Jan 2010 17:20:00 +000000.
    Permalink

    Aquí eSedidió, corresponsal de colineta.com nos saraos do país adiante. Informando. Esta mañá estiven na presentación da IXP Grelos de Galicia. STOP. Que por que? Pois porque colaborei no Regulamento Técnico. STOP. Ao que imos. STOP. Despois da barrila dos prebostes deron cuchipandiña (as 12 e media). STOP. Vinte (20) preparacións diferentes con grelos. STOP. Non tirei fotos que se me dá fatal. STOP. Pero teño o menú por se o quere. STOP. Preparadas polo persoal do IES San Xillao (sic) que teñen escola de hostalería. STOP. Que que tal? Home, houbo de todo. STOP. Estou que revento. FINAL. O señor e señora da dereita da foto tamén estaban.

    Respuesta
  • el 22 de enero de 2010 a las 18:20 06Fri, 22 Jan 2010 18:20:39 +000039.
    Permalink

    Conte, conte o menú. Cambio e corto.

    Respuesta
  • el 22 de enero de 2010 a las 20:54 08Fri, 22 Jan 2010 20:54:49 +000049.
    Permalink

    Velaí vai:
    1.- Empanada de grelos e liscos (ben recén servida, pero non soportou o paso do tempo, digamos media hora)
    2.- Revolto de grelos e gambas (estandar estandar, servido nun deses trebellos con forma de culler que tes que sacar a lingua todo o que dá para pillar o asunto e queda a cousa do máis ridículo).
    3.-Patacas recheas de grelos e lacón (taban boas; eu é que son un clásico, que queren)
    4.- Zamburiñas con grelos (servidas na cuncha e ao forno como as vieiras; pché, e ademais taban frías)
    5.- Atadiño de talos de grelos envoltos en peixe sapo (eu e que os talos mándoos ao lixo, pero houberan estado ben se non esqueceran o sal. En serio, do melloriño)
    6.- Garfo de grelos ao allo (se non me trabuco eran uns grelos envoltos en beicon e servidos nunha cunca con aceite abondo para engraxar o meu coche)
    7.- Croquetas de grelos (ou eran cocretas? cocletas? cloquetas? Bueno, eso, croquetas. Sen máis. Taban boas, pero tan mellores as da miña soghra)
    8.- Espetada de grelos e mariscos en tempura (os mariscos eran un cacho de langostino, e a tempura debeu quedar polo camiño)
    9.- Tosta de IXP Pan de Cea con grelos, cogomelos e queixo de Arzúa ulloa (todo un alarde de produtos ligados á orixe. Do melloriño)
    10.- Groliño de crema de grelos con gomasio.(seica era unha cousa que nos deron nun vaso. Tendo en conta que ni puta idea de que é o gomasio, pois non sei moi ben que dicir)
    11.-Espetada de polbo á prancha con grelos (taba seco. Dos de menos éxito para o respectábel)
    12.- Bocadiños de grelos e marisco con crema de lagosta (que por certo tamén é marisco. Un pinchiño como eses que dan nas vodas e que é inindentificábel)
    13.- Filloas de grelos con chourizo. (correcto. xa ve que eu cando me poño tamén domino a linguaxe gourmetil)
    14.- Paupiette de lacón con grelos (un rolo de lacón con grelos dentro. Tamén correcto)
    15.- Caldo de grelos (taba cojonudo, nótase que estamos en lugo e que eu son un clásico)
    16.- Ensalada morna de grelos con bacallau (home, morno realmente taba todo. Diso pasei porque para min o bacallau é como a kriptonita para Superman ou o Decreto para Feijóo)
    17.- Satay de raxo con grelos (como un pincho moruno. Moi bo)
    18.- Cromesqui de grelos con queixo san Simón da Costa (co-jo-nu-do)
    19.- Roliños coreanos de grelos(síntoo. estaba en plena discusión filosófica con media consellería e pasouseme probalo)
    20.- Rissoto de grelos e faisana (in-co-mes-tí-bel. Supoño que sería culpa do tempo que se tardou en servir. Unha especie de morteiro)
    Fóra de concurso. Xelado de talos de grelo con granizado de café aromatizado con augardente (Era un granizado de café con algo verde ao fondo, pero non din chegado coa culler)
    Viños: Bancos: DO Rías Baixas e ribeiro
    Tintos: DO Ribeira Sacra e Valdeorras. Todos xenéricos coa etiqueta das DO, do que dan nestes eventos
    Xa sei que isto non é maneira de describir un menú nin nada, pero xa sabe. Éche o que hai

    Respuesta
  • el 22 de enero de 2010 a las 21:12 09Fri, 22 Jan 2010 21:12:49 +000049.
    Permalink

    Carallo co menú. Algún non precisa hoxe olbran.
    1º. Non lle perdono que mande ao lixo os talos dos grelos, que é o máis rico. Se o ve miña mai dálle detrás das orellas.
    2º. O gomasio es unha mestura de sésamo esmagado con sal (15 partes a unha). Trátase dun condimento habitual no Xapón.

    Respuesta
  • el 22 de enero de 2010 a las 22:22 10Fri, 22 Jan 2010 22:22:47 +000047.
    Permalink

    Eu é que, como son un insensato, dos primeiros dez digamos que repetín, e tripitín, e nalgún caso cadrupitín. entón xa non lle sei que dicir de que me pareceu o conto, que teño todo o meu fluxo sanguíneo bañando o estómago en lugar de bañar o cerebro. Pero teño pra min que os grelos co queixo van de puta madre (ou sexa, maridan, para os lectores repunantes) mellor que ben. Do resto, viva o cal-do!!!!

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *