Oda á filloa

de Marica Campo

Ves das mans das avoas das nosas avoas,
moi ilustre señora, filloa, vella amiga,
fino corpo lixeiro, leite e fariña triga,
para ti a nosa festa, para ti as nosas loas.

Se con mel ou con zucre, toda amor, te nos doas, é
xusto que adozada a nosa língua diga
por mellor festexarte tamén unha cantiga
en Muimenta onde hoxe raíña te coroas.

Aquí está a túa casa, que o pobo ten memoria
e sábeche as fazañas, os días de contento
qye regalache ós pobres todo ó longo da historia.

O antigo e o novo, xuntos nun mesmo alento, traerán
a esta vila un futuro de gloria,
¡que árbore con raíces non a derriba o vento!

3 comentarios sobre “Oda á filloa

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *