Nace un novo blog para as filloas á pedra

Despois de triunfar no Forum Gastronómico co seu traballo, a Asociación de Filloas da Pedra da Baña abre blog para dar a coñecer as súas actividades, que a partir de agora estarán en http://filloasdapedra.blogspot.com

Ademais, como debe ser, o blog nace subscribindo o Código Cociña, co que se converte no primeiro en que sae á rede amparándose de principio no código de boas prácticas blogastronómicas. Benvidas. Agora so falta crear a Gloriosa Orde da Filloa da Pedra.

Aproveito a ocasión para ensinar a fotografía que me fixo Sole virando unha filloa no Forum Gastronómico. Foi unha especie de trastada, despois de que eu me pasaran todo o Forum poñendo ás grandes estrelas da cociña detrás da pedra, como xa se puido ver
nun post anterior.

2 comentarios sobre “Nace un novo blog para as filloas á pedra

  • el 27 de febrero de 2008 a las 20:02 08Wed, 27 Feb 2008 20:02:09 +000009.
    Permalink

    Gracias Miguel, vese na foto que tes swing e feeling filloeiro como para facer filloas de tres puntos na guía Filloeirín. Conta con ser un dos filloeiros da Gloriosa Orde da Filloa da Pedra …cando exista, que logo se chega co marchos@s que somos.

    Respuesta
  • el 28 de febrero de 2008 a las 11:06 11Thu, 28 Feb 2008 11:06:02 +000002.
    Permalink

    Gracias pola nova, Miguel non tiña nin idea. Poñereina nos meus favoritos. O certo é que son unha xente encantadora.

    Berta

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *