“Pulpo a la gallega”

Nunha entrevista publicada o domingo en El Correo Gallego, o ministro de Cultura, o coruñés César Antonio Molina, fala das súas afeccións culinarias e asegura que o prato que máis lle gusta é “Por supuesto, a la gallega: con su pimentón, con sus patatas y con su aceite. Y si es en una feria, mejor”. Vaia por diante a miña admiración pola obra de Molina, especialmente no que se refire á compilación de artigos xornalísticos de Álvaro Cunqueiro, publicados en varios volumes pola editorial Tusquets. Gracias a el coñecemos unha boa parte da obra dispersa do xenio de Mondoñedo.

Pero no do polbo o señor ministro demostra claramente que está afeito a ese invento madrileño que é o “pulpo a la gallega” que eu nunca atopei nunca feira nin nunha festa galega, sexa a feira semanal de Compostela (antes Salgueiriños, agora Amio), a de Monterroso, a de Silleda, o San Froilán, As San Lucas en Mondoñedo ou a Santa Minia en Brión. En todos estes casos sobran “sus patatas” porque nunca vin en Galicia que o polbo á feira se sirva con patacas, como é costume en Madrid, onde o prato se cubre cunha capa de patacas cocidas en toros que se tapan con polbo cortado ao biés de maneira que saen lascas moi delgadiñas pero moi longas, co que parece que hai na mesa moito polbo cando o que hai son moitas patacas. Amáñase co seu sal, pemento e aceite… e ao microondas, que o habitual polo foro é que os pratos estean preparados e so faltos de calor.

En Galicia as patacas póñenselle ao polbo cando se guisa, cousa que fan maxistralmente algúns restaurantes de Compostela, onde teñen sona o Paz Nogueira e o Vilas, e en moitos portos de mar, onde a receita propia de polbo é guisado, en caldeirada, xa que o polbo á feira é receita de interior, onde antes da chegada da conxelación se elaboraba con polbo seco. Inda escoitamos falar do polbo seco a algunhas pulpeiras e pulpeiros no concurso que tivo lugar no Forum Gastronómico de Santiago.

Afortunadamente para os clientes, en Madrid inventouse o “pulpo a la gallega”, que xa digo non é máis que polbo á feira sobre unha cama de patacas cocidas. A idea non me parece mal, e tiveron sorte os clientes da capital de que a inventaran xa que hai máis dun ano reparei en El Brillante de Atocha no prezo da ración: 14 euros. Se, como en Galicia, substituiran as patacas por máis polbo, non sei que prezo ían pagar. Aquí, hoxe, a ración de polbo á feira anda polos 8 euros. As patacas hai que levalas da casa.

Na foto, unha ración de polbo á feira da pulpería Concheiros, en Santiago de Compostela.

2 comentarios sobre ““Pulpo a la gallega”

  • el 27 de febrero de 2008 a las 14:40 02Wed, 27 Feb 2008 14:40:04 +000004.
    Permalink

    Querido Miguel. Aquí en Santiago te sirven el pulpo con patatas en O Dezaseis a 9.60E.

    [URL=http://www.slide.com/s/hj1JPFst0T8sGz_NNIuzvcFsai0FSt0h?referrer=hlnk][IMG]http://widget.slide.com/rdr/1/1/4/S/60000000e9faf7f/1/0/_KiRLS7u4D-R1_OERxdJBR6_-t-NDGkP.jpg[/IMG][/URL]

    Respuesta
  • el 23 de marzo de 2008 a las 17:59 05Sun, 23 Mar 2008 17:59:42 +000042.
    Permalink

    ¡¡ Xa me tardaba que alguén mentase ó 16 !!
    A min tamén me soltaron tal “referencia” unha vez que discutín o feito que en Madrid sirvan o polbo con patacas.
    Sentindoo moito Berca, o xuiz rexeita a proba.
    Vaime sacar fotos en dúas feiras onde poñan patacas co polbo.
    Mentras tanto, a sentencia é a favor de Colineta.
    😉

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *