O mellor requeixo

Na cata de requeixo que dirixín no marco do Forum Gastronómico os asistentes puideron probar catro requeixos galegos e comparalos cun requesón producido fóra de Galicia. Os requeixos catados foron os que producen a cooperativa Condado Paradanta (As Neves, Pontevedra), a cooperativa Arquega (Montesalgueiro, A Coruña), a cooperativa CampoCapela (A Capela, A Coruña) e Lácteos Lorán (Abadín, Lugo).

Inda que o requeixo se consume tradicionalmente como sobremesa, adozado con azucre ou mel, a cata realizouse “ao natural”, é dicir, sen engadir ningún tipo de edulcorante. Ao remate da mesma os asistentes puideron realizar unha degustación do requeixo de Campo Capela con azucre.

Como unha pequena mostra sen valor estatístico ningún, pedín aos participantes que valoraran do 1 ao 5 os produtos que estaban a catar, puntuacións anónimas que recollín ao remate da cata e das que vou falar agora, aclarando previamente que non se tratou dunha cata cega, senón que antes de proceder á mesma fun identificando cada un dos requeixos, o que pode influír claramente no resultado, dado que na sala había algunha tres ou catro persoas relacionadas directamente polo menos con dous dos produtos a catar.

Xuntei un total de 52 fichas de puntuación nas que, como era de agardar, o produto mellor valorado foi o requeixo con azucre, cun total de 221 puntos sobre un máximo posible de 260. O promedio foi de 4,42 sobre 5. A puntuación más frecuente foi de 5, pero dúas persoas non valoraron o requeixo con azucre e unha deulle un 1. Ao tratarse do único requeixo cn azucre o resultado non é comparable a ningún outro.

Polo que respecta á cata dos catro requeixos e o requesón, todos eles sen azucre, os resultados amosan tres niveles diferentes: dun lado os requeixos de As Neves e A Capela, que superan os 200 puntos (211 e 202 respectivamente), en segundo lugar o de Arquega, con 164 puntos, e en terceiro lugar o de Lorán e o requesón, con 130 e 137 puntos respectivamente.

De forma individualizada pasou o seguinte:

Requeixo de As Neves. Acadou a maior puntuación, con 211 puntos e unha media de 4,06. A puntuación más alta foi 5 e a máis baixa 1.

Requeixo de A Capela. Situase en segundo lugar cun total de 202 puntos e unha media de 3,96. A puntuación máis alta foi 5 e a máis baixa 0, xa que unha persoa non lle outorgou ningún punto. Esa mesma persoa tampouco o puntuou na degustación con azucre.

Requeixo de Arquega. Terceiro lugar con 167 puntos e unha media de 3,15. Obtivo puntuacións entre 1 e 5.

Requeixo de Lorán. Cuarto lugar con 137 puntos e unha media de 2,63. Obtivo puntuacións entre 1 e 5.

Requesón: Último lugar, cun total de 130 puntos e unha media de 2,5. Obtivo puntuacións entre 1 e 5.

Nun próximo post falarei do requeixo e da súa diferenza co requesón.

3 comentarios sobre “O mellor requeixo

  • el 25 de febrero de 2008 a las 20:30 08Mon, 25 Feb 2008 20:30:46 +000046.
    Permalink

    Disfruté mucho de tu taller y quiero contarlo, pero los ensayos del estreno del sábado me tienen acorralada.
    Veo que mi voto anduvo rumbeando ya que mi favorito fue A Capela seguido de As Neves. Y del requesón mejor ni hablar, solo decir que en mi casa ya no entra.
    La pena es que por mas que pregunté en el Hiper que la gente del stand me recomendó, no conseguí mi tarrina de A Capela y en lo de Conchita Valladares, se había terminado. A ver si mañana por la plaza.

    Fue una clase magistral

    Respuesta
  • el 25 de febrero de 2008 a las 20:45 08Mon, 25 Feb 2008 20:45:55 +000055.
    Permalink

    Gracias, Sole, por tu comentario. Efectivamente, en Santiago todavía no es muy fácil encontrar el requeixo. Supongo que el desconocimiento del gran público hace que el consumo sea pequeño y se acabe pronto. Pero entre todos, insistiendo en pedirlo, acabaremos consiguiendo que esté siempre en los lineales.
    Aquí se puede encontrar el de Campo Capela en Hipercor (tanto en tarrina como a granel) y en un puesto de la plaza de Abastos. Por lo que indicas en tu comentario entiendo que Valladares también lo tiene.
    El de As Neves está en charcutería Seco y en A Cesta da Saúde (Ramón Cabanillas). Y seguramente en poco tiempo también esté en Gadis.
    El de Arquega puede encontrarse en Hipercor y en Gadis (a granel).
    Y el de Lorán en Froiz y puede que en Gadis.
    Del requesón mejor no hablar.

    Respuesta
  • el 01 de marzo de 2008 a las 20:32 08Sat, 01 Mar 2008 20:32:58 +000058.
    Permalink

    Hoxe fixen filloas da pedra recheas de requeixo con azucre, así de simple, e o resultado foi magnífico, doume a idea o completo artigo que escribiches neste blog; penso que o requeixo con froitos do bosque ten que estar moi bo tamén, con filloa ou sen ela.

    Como sei que che gusta, poño no teu coñecemento filloeiro que cociñamos filloas recheas de lamprea á bordelesa e afumada estilo Arbo. A lamprea viva fíxena á bordelesa con viño branco da Ulla, como debe ser según receita familiar de hai cen anos, e a lamprea afumada á pedra.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *