Explosión estelar

Comezou o congreso profesional do Forum Gastronómico Santiago’08 cunha explosión estelar que se manifestou en forma de flahses por tódolos recunchos do Palacio de Congresos e acumulación de cámaras de televisión á saída do Auditorio Compostela, por diante do cal por momentos era imposible circular: mentres unha televisión entrevistaba a Carme Ruscalleda, rodeada de xornalistas, outra facía o mesmo con Ferrán Adriá e unha terceira con Marcelo Tejedor. Houbo cámaras para todos e congresistas interesados en fotografiarse coas grandes estrelas da cociña.O máis divertido da mañá foron as fotografías dos cociñeiros que pasaron polo stand da asociación Filloas da Pedra e se deixaron fotografiar dándolle a volta a unha filloa. Vai aquí a testemuña gráfica, na que faltan, polo momento dúas fotos: Ferrán Adriá virando unha filloa e Seiji Yamamoto facendo o mesmo. Ferrán pasou dúas veces polo stand das filloas pero na segunda ocasión, na que eu fixen a foto que acompaña, non se decidiu a poñerse detrás da pedra. “Zapatero a tus zapatos”, dixo cando o convidaron a facelo. Pode que a causa fora a presencia de fotografos de prensa, que non había na primera ocasión e na que si virou a filloa.


Marcelo Tejedor
Javier Rodríguez Ponte “Taky”
Diego Bello
Seiji Yamamoto
Xosé Cannas

Xoán Cannas
Pedro Roca
Pepe Solla

Vitor Sobral

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *