Aivó, aivó, ao Forum a traballar

O meu amigo Jorge, cando colle uns días de descanso descúlpase previamente polo tempo que vai estar desconectado e sen publicar no seu blog. Eu vou facer aquí o mesmo, pero non porque me vaia de vacacións, senón porque os próximos días van ser de intenso traballo.

Despois de toda a preparación que me toca ao longo da semana, ademais do traballo habitual, o sábado comeza o Forum Gastronómico e con el a miña loucura:

O mesmo sábado presentarei a sesión de Flavio Morganti: Vacas, deliciosa carne roja (Aula Picadillo, 12,45 a 13,45).

Tamén na mañá do sábado andarei enredado co concurso InnoForum, que premia ás innovacións presentadas na feira do Forum.

Pola tarde estarei no xurado do Concurso de Pulpeiras (Auditorio Compostela, 16:00 a 17:15 horas) e presentarei a sesión de Pedro Roca: Las setas, del bosque a la mesa (Aula Picadillo, 19:00 a 20:00).

O domingo toca taller propio: El requeixo, tesoro gastronómico gallego (Sala Ateneo, 11:15 a 12:15).

E pola tarde presentar o taller de Marcos Álvarez: Repostería de Galicia (Aula Picadillo, 16:00 a 17:00).

Ao final do día, cea da prensa, en Casa Marcelo.

O luns andaremos co encontro dos blogastronómos e todo o que se poña por diante.

O martes andarei pola ponencia de Ana Gago, que vai traballar con mexillóns de Galicia (con denominación de orixe).

E o mércores pola mañá tócame a ponencia de Yayo Daporta, que servirá para presentar aos profesionais a marca de calidade “pescadeRías” que hoxe presentaron o Presidente da Xunta, a Conselleira de Pesca e o Alcalde de Santiago na Praza de Abastos de Santiago.

Pola tarde presentarei a sesión de Antonio Botana, na que traballará con cefalópodos da ría de Arousa (chipiróns, chocos e polbo).

Así que non se estrañe ninguén se non me len moito nos próximos días. Eu xa teño pedida quenda no fisioterapeuta por ver que fago este días coa miña lumbalxia.

2 comentarios sobre “Aivó, aivó, ao Forum a traballar

  • el 12 de febrero de 2008 a las 22:06 10Tue, 12 Feb 2008 22:06:18 +000018.
    Permalink

    Vémonos por alá… a ver si nos coñecemos…

    Unha aperta…

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *