¿A onde vamos?

Despois de semanas escoitando a reivindicación dos máis pequenos da casa decidimos pasar o martes de Entroido na neve, o que nos obrigou a achegarnos á estación de Cabeza de Manzaneda, onde non ía hai xa algúns anos. A estación presta un bo servizo para os galegos e portugueses do norte afeccionados á neve, pero de regreso do cumio ourensán pregúntome a onde vamos neste país en materia turística.

Os acceso son un horror, váiase por onde se vaia. Non sei que pensan nos respectivos concello, na Deputación Provincial de Ourense e na Xunta de Galicia, incapaces todos eles de dotar a un centro de atracción turística, emprazado nunha zona rural abondo deprimida, dun acceso decentes. Tampouco é tan grande a obra. Dende Pobra de Trives ata a estrada que sube a Manzaneda son 10 quilómetros que precisan un novo trazado, porque o resto está ben. Pero eses 10 quilómetros son absolutamente terceiromundistas.

O pero, en calquera caso, estaba por chegar. A prioridade do día era a neve e non atopar unha comida marabillosa, pero todo ten un límite. Así que chegado o momento, decidimos comer cedo para aproveitar as primeiras horas da tarde. Como non eran as dúas o restaurante estaba aínda pechado e decidimos agardar a súa a apertura cando nos indicaron que tamén podíamos comer no autoservicio, ao que de inmediato nos diriximos. De primeiro lentellas, fabada ou sopa. De segundo albóndegas, bacallau e xamón asado. Por 10 euros incluíndo bebida e o iogur de rigor non se podía pedir moito máis.

Pero si, si se podía. Podíase pedir que a comida estivera quente, por exemplo, xa que todo estaba máis ben frío. Podíase pedir que se indicar que as lentellas non estaban guisada con chourizo, ou con orella, senón con chipiróns. Podíase pedir que a fabada fora iso e non unha especie de guiso-puré de fabas cun anaquiño de chourizo menor que unha moeda de dous euros. Esculquei todo o prato e non fun quen de atopar unha soa faba enteira: as que non estaban partidas xa se converteran en puré.

Un post aparte merecería o viño, o único viño que se ofrecía. Un branco perralleiro identificado coa contraetiqueta da denominación de orixe Valdeorras. Non comprendo como é posible que a mesma D.O. ampare algúns dos mellores brancos de España e aquela beberaxe.

Cando saímos do autoservicio comprendemos porque tanto esquiador estaba no bar comendo un bocadillo.

Un comentario sobre “¿A onde vamos?

  • el 06 de febrero de 2008 a las 19:47 07Wed, 06 Feb 2008 19:47:42 +000042.
    Permalink

    A verdade e que é lamentable que pasen esas cousas…

    ¿Custará tanto traballo facer as cousas ben? A verdade, non entendo algunhas cousas destas…

    Unha aperta…

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *