E cousas ben feitas

Hai exactamente unha semana estiven presente no encontro del blogs organizado a toda présa en Madrid Fusión e no que houbo moitas cascas e pouca carne, como se estiveramos a comer nécoras cativas. Hei de recoñecer que saquei unha impresión equivocada da intervención dos responsables de Glotonia, e que despois de ler detidamente o seu texto hai nel máis carne da que parecía nun comezo, pero cun plantexamento tan artificioso que me parece normal ter saído da xuntanza de Madrid Fusión coa sensación de que alí non se dixera nada. Comparto algunhas das súas opinións, especialmente a de non ter moito interese en coleccionar restaurantes nin receitas, xa que a gastronomía é moito máis que iso.

Pero quería dicir eu aquí que se Ferrán Adria vai estar no encontro de bloggers gastronómicos de Compostela mentres no de Madrid nin estivo el nin outros cociñeiros da súa categoría será por algo (entre o público, sentado diante de min estivo Quique Dacosta, pero caladiño todo o tempo, así que como se non estivera).

A idea dun encontro de blogs do Forum Gastronómico Santiago’08 naceu hai preto dun ano, despois de que a delegación compostelá, coa que viaxei, regresara do Forum de Xirona e comezou a tomar forma o Forum de Santiago. Hai, pois, moito traballo detrás das sesións que imos vivir o próximo 18 de febreiro. O mérito é de Pep Palau e Isaac Gelabert que viron á primeira a importancia dos blogs gastronómicos, e de maneira moi destaca dos blogastrónomos galegos. E Manolo Gago tamén achegou un esforzo importante “á causa” cando lle foi demandada.

Fronte ao traballo metódico, ao longo de meses, dos tres mencionados, o encontro de Madrid Fusión semella froito dunha improvisación de última hora. ¿De quen foi a idea desa xuntanza? ¿Xurdiu acaso despois de ter coñecemento do que se estaba a cocer en Compostela?.

2 comentarios sobre “E cousas ben feitas

  • el 30 de enero de 2008 a las 17:47 05Wed, 30 Jan 2008 17:47:22 +000022.
    Permalink

    “¿Xurdiu acaso despois de ter coñecemento do que se estaba a cocer en Compostela?”

    Esta impresión la tuve yo al enterarme que MF también iba a hacer un encuentro blog. Han estado muy hábiles pues en principio, el seguimiento mediático, se lo ha llevado MF y ahora, de cara a una “segunda vez” es posible que los medios tengan menos interés por cubrir la noticia. Esperemos que no sea así, no sería justo……
    Un saludo.

    Respuesta
  • el 30 de enero de 2008 a las 19:46 07Wed, 30 Jan 2008 19:46:32 +000032.
    Permalink

    Eu non quería ser mal pensada, pero algo asi veume á cabeza cando vin o anuncio, tempo despúes de soar noso Encontro.
    Pois a traballar para que as cousas salgan ben!

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *