Galletas mariñeiras con algas

Inda non están no mercado pero en pouco tempo estarán dispoñibles as novas galletas mariñeiras con algas (hai dúas variedades, unhas con nori e outras con leituga de mar) que Porto Muíños está a producir coa colaboración de Daveiga, a empresa de Chantada que puxo no mercado galego as galletas mariñeiras.

Tiven ocasión de probalas en Madrid Fusión, onde Antonio Muíños me indicou que pensaba presentalas oficialmente no Forum Gastronómico de Santiago. En Madrid Fusión, e no marco da intervención de Subijana, Muíños obsequiou ao público cuns paquetiños de galletas e a proba da marmelada de algas, que tamén se puideron probar no taller sobre algas que Marcelo Tejedor deu no marco do programa Santiago Repetirás (estes días acumúlaseme o traballo e aínda teño pendente falar dos talleres de Xoán Crujeiras e Antonio Alján da semana pasada, así que seguramente o farei conxuntamente cos de Yayo Daporta e Marcelo Tejedor desta fin de semana.

Da marmelada de algas nada vou dicir xa que aínda non a probei. Pero aquí teño un tubiño dela para dar boa conta cando chegue o momento.

Respecto das galletas mariñeiras con algas so dicir que son sorprendentes. Nin mellores nin peores que as normais, so diferentes. O sabor das algas, a mar, está moi presente, pero de maneira certamente delicada. Pero a delicadeza non é obstáculo para que a lembranza do mar persista moito tempo na nosa boca. Van ter un éxito rotundo.

Porto Muíños tamén vai sacar unha liña de pasta con algas, neste caso en colaboración cos coruñeses de Cambalache. En Madrid Muíños ensinaba unhas placas para lasaña, pero non lembro o tipo de alga.

Como dixo Marcelo no taller de cociña con algas, Antonio Muíños e a súa familia pasarán á historia por poñer as algas galegas na cociña internacional e ao noso país como referencia neste mundo mariño. Lamentablemente, Antonio sinte que o seu traballo non é recoñecido en Galicia como no resto de España, cousa que non é a primeira vez que pasa no noso país.

3 comentarios sobre “Galletas mariñeiras con algas

  • el 28 de enero de 2008 a las 09:17 09Mon, 28 Jan 2008 09:17:53 +000053.
    Permalink

    Al hilo de esta entrada, estoy acordándome que hace unos días me quedé boquiabierto cuando en el metro de Londres vi a una adolescente japonesa comiendo algas como el que come patatas fritas. De una cajita cuadrada iba sacando obleas de alga seca y las devoraba. A punto estuve de pedirle una……
    Un saludo.

    Respuesta
  • el 31 de enero de 2008 a las 12:24 12Thu, 31 Jan 2008 12:24:39 +000039.
    Permalink

    É sorprendente a marmelada sen dúbida… ;-), pero as galletas mariñeiras tamén teñen o seu punto… competencia para Da Veiga…

    Respuesta
  • el 31 de enero de 2008 a las 12:28 12Thu, 31 Jan 2008 12:28:38 +000038.
    Permalink

    En todo caso autocompetencia para Daveiga, xa que son os fabricantes das galletas que comercializa Porto Muíños

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *