Pan fresco

¿Canto che dura fresco o pan na casa?. Ese pan do domingo, cando saes a primeira hora da mañá e mercar pan para unhas deliciosas torradas, ¿chega “fresco” á hora da merenda?.

Cada día o pan se nos estraga máis e, se non buscamos unha tafona tradicional onde sigan a traballar artesanalmente, acabaremos mercando pan precocido, conxelado e pasado polo forno no supermercado ou “boutique” de quenda. A parte fundamental dese pan é ar. En Galicia existen moitas industrias dedicadas á produción deste tipo de pan, que se exporta a moitos países. Pode que nesa proliferación de industrias do pan conxelado estea a calidade da nosa auga, tal como me dicía un día un panadeiro compostelán: “A calidade da auga galega, sen cal, permítenos amasar con máis auga e conseguir un pan máis esponxoso e lixeiro”. Aparte aditivos.

Claro que o pan tamén se pode facer sen máis que fariña, auga, sal e lévedo, como seguen a facer os establecementos máis tradicionais ou, coma o pan da foto, feito na casa en forno de leña, deses fornos caseiros de toda a vida, nos que se facía o lume dentro da cámara ata acadar a temperatura necesaria para de seguido sacar as cinzas, barrelo e enfornar o pan.

O pan da foto, feito na casa, amasado á man, cocido en forno tradicional, cumpría onte quince días, cando fixen a foto. Segue case coma o primeiro día, so lixeiramente máis seco, pero igualmente delicioso. Cando remate esta peza non sei se poderei volver a chamarlle pan ás barras do supermercado.

3 comentarios sobre “Pan fresco

  • el 21 de enero de 2008 a las 15:09 03Mon, 21 Jan 2008 15:09:48 +000048.
    Permalink

    En los ultimos años, el pan va con su calidad en picado. Queda en el olvido, el pan para torrijas, budin de pan (pan de Calatrava) o tostadas.Intenté hace poco hacer unas torrijas y terminé con leche migada. Eso si no te aparece un reguero de grietas al cortar las rodajas, que termina en un revuelto de trozos.
    El pan que enseñas en la foto es ya una rara joya. Si uno tiene un ratito para escaparse a buscar pan del bueno a alguna de las pocas panaderías de horno a leña, que quedan, aun tienes consuelo, pero si tienes un día de prisas y trabajo y tienes que terminar comprando en algun local de panificación rápida, vas de pena.
    Cuando puedo hago pan en casa, y amaso para varios días. Lo preparo a temperatura suave, asi se hace lento y podemos disfrutar de tres o cuatro días de buen pan. Aunque las levaduras, tampoco son lo que eran. Tema que da para otro post. Sabes de alguna panadería que te venda levadura de la buena, no estas manipuladas de ahora?

    Respuesta
  • el 21 de enero de 2008 a las 17:16 05Mon, 21 Jan 2008 17:16:47 +000047.
    Permalink

    Pan… que?

    Hoxe en día atopar un par que “aguante” un par de días decente é toda unha misión imposíbel…

    Respuesta
  • el 22 de enero de 2008 a las 10:34 10Tue, 22 Jan 2008 10:34:44 +000044.
    Permalink

    Eu fago o pan na casa, habitualmente cunha máquina desas panificadora e, ás veces, no forno da casa. Emprego o clásico: fariña de trigo e centeo ecolóxica, auga, sal, lévedo e un pouquiño de caeite, que lle vai moi ben…

    Aguanta perfectamente 4 días igual que o primeiro día. Non sei se aguanta máis, porque nunca pasa de ahí, non porque se estropee… simplemente, non chega máis alá…

    Eso sí, é incomparable a ese espantoso producto industrial que din chamar pan…

    Unha aperta…

    Respuesta

Responder a Sole Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *