Lamprea do Ulla á “atlántica”

Pois aclarouse a dúbida que consumía o país. Rexeitada polo conselleiro de Medio Ambiente, a primeira lamprea collida este ano no río Ulla acabou nos pratos de Manolo Gago e no meu propio, que a ceamos onte en compaña de Pep Palau e Nati Palomo, ambos da organización do Forum Gastronómico Santiago’08, así como con Cristina Codesido, conselleira delegada de Las Añadas (Pontevedra) e Marco Sóñora, xerente de Destilerías Compostela.

A chegada ao restaurante Olivo, de Pontecesures, que convidaba á degustación, foi apoteósica, coa relacións públicas e propietaria do restaurante, Mari Carmen, e a alcaldesa da localidade, Maribel Castro, constituídas en comité de benvida. Sorprendente a vitalidade e a simpatía da alcaldesa e a capacidade e o interese que demostra para vender o seu concello e os seus produtos. Despois da benvida, rolda de prensa, por sorpresa, cos corresponsais de varios xornais na vila, sesión de fotos e… á mesa.

A lamprea foi precedida por un aperitivo de terrina de cogomelos con zamburiñas e piñóns, seguida dun tartar de salmón con brochetas de polbo (estupendo o tartar e estupendo o polbo, cortado finísimo no sentido lonxitudinal dos raxos). Despois unha mariposa de vieira con camaróns salteados (espectacular a vieira, nunca pensei que has houbera tan grandes). No intermedio un sorbete de limón caseiro con augardente de herbas que me gustou moito e a continuación a gran estrela da noite: a lamprea do Ulla co arroz e tostóns de pan.

Impresionante a lamprea e tamén impresionante o arroz. A lamprea estaba guisado “á atlántica”, como a definiu o propietario e chef de Olivo, Luís Baleirón, con máis de dúas décadas de experiencia culinaria en Suíza. É dicir, basicamente tratábase da tradicional lamprea á bordelesa pero alixeirada e cociñada cun branco das Rías Baixas no canto do tinto habitual. Posiblemente foi a mellor lamprea que comín na miña vida, apreciación á que axuda a sutil presenza da canela no prebe do guiso. Eu debo ter algo de espírito medieval, xa que a canela sempre me acaba convencendo.

Tal como prometerán o cociñeiro, a súa dona e a alcaldesa, a lamprea del Olivo é perfectamente válida para unha cea, sen provocar ningunha sensación de empacho ou fartura excesiva, como sucede outras veces.

Sen dúbida os amantes da lamprea teñen un novo lugar de cita ao que non poden faltar.

A cea foi acompañada cun Martin Códax Pe Redondo ata que chegou a lamprea, coa que se serviu un Torroxal Tinto, da denominación de orixe Rías Baixas como no caso do branco.

6 comentarios sobre “Lamprea do Ulla á “atlántica”

  • el 17 de enero de 2008 a las 09:22 09Thu, 17 Jan 2008 09:22:59 +000059.
    Permalink

    Levo comido varias veces no Olivo de Pontecesures e teme pasado un pouquiño de todo. Teño comido fantásticamente e outras non tambén. O que desconocía é que prepraba a lamprea, pero decir que perto de Pontecesures hai magnificos restaurantes que preparan a lamprea de maneira sublime, como o caso de Casa José en Valga, Casa Emilio en Catoira e sobre todo o Altamira en Bayón que queda na carretera de Vilagarcía-Pontevedra a saida de Vilagarcía

    Respuesta
  • el 17 de enero de 2008 a las 14:52 02Thu, 17 Jan 2008 14:52:18 +000018.
    Permalink

    He dejado de hablar a Gago y hago lo propio contigo

    Respuesta
  • el 17 de enero de 2008 a las 15:08 03Thu, 17 Jan 2008 15:08:15 +000015.
    Permalink

    Lamprea!

    Pero para cear?

    En fin, eu andaba a pensar que se o Gourmet convocara unha xantanza para datas próxima,s unha lamprea igual era unha boa opción (por iso que falaramos de cambiar algo…), pero se a vosa foi tan espectacular, non ides querer repetir.

    Respuesta
  • el 17 de enero de 2008 a las 20:12 08Thu, 17 Jan 2008 20:12:05 +000005.
    Permalink

    Quen dixo que non queremos repetir?

    Respuesta
  • el 17 de enero de 2008 a las 20:33 08Thu, 17 Jan 2008 20:33:20 +000020.
    Permalink

    A min sentoume estupendamente. Cando me levantei esta maña ata tiña gañas de máis.

    Respuesta
  • el 19 de enero de 2008 a las 18:08 06Sat, 19 Jan 2008 18:08:22 +000022.
    Permalink

    Cando medre quero ser coma vos…

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *