Concurso de pulpeiras no Forum de Santiago

Un absurdo mito atribúe a invención da tortilla a unha pobre campesiña navarra que se viu obrigada a dar de cear ao xeral carlista Zumalacarregui e como non tiña na despensa máis que ovos e patacas decidiu crear un prato novo. Pamplinas.

Poñámonos na pel da boa muller. Semella que era pobre se tiña a despensa tan desabastecida. Os pobres sempre coceron os alimentos, que a auga resultaba abondo máis barata que o aceite ou a manteiga. Así que, de darse o caso, a campesiña había cocer os ovos e as patacas e servirllos así ao xeral, desculpándose por non ter nada mellor.

O que seguro que non facía a boa da muller era meterse a experimentar novos pratos porque, ¿se estragaba os poucos ovos e patacas que tiña, que lle ía dar de cear ao xeral?.

Queda claro pois, que a tortilla non a inventou aquela navarra que tivo que dar a cea a Zumalacárregui.

En realidade a tortilla de patacas inventouse en Galicia, pero iso é outro tema e non vou explicalo agora aquí. Daquel invento quedaron entre nos as mellores tortillas de patacas de España, por moito que nas últimas edicións do concurso que cada mes de novembro se celebra en San Sebastián non acadaramos ningún premio.

Ven toda esta longa parrafada a conto de que se os vascos teñen un concurso de tortillas (especialidade galega, repito) no seo do congreso Lo Mejor de la Gastronomía, nos non imos ser menos e no marco do Forum Gastronómico Santiago’08 imos ter un concurso de pulpeiras, que dan moito máis espectáculo.

Dez especialistas competirán polo título de mellor pulpeira de Galicia, así como polos 1.000 euros do premio, que para gañalos na Santa Minia hai que cortar unhas cantas racións de polbo. Alí estaremos.

3 comentarios sobre “Concurso de pulpeiras no Forum de Santiago

  • el 14 de enero de 2008 a las 22:31 10Mon, 14 Jan 2008 22:31:16 +000016.
    Permalink

    Creo que xa che escoitei noutra ocasión, a historia da invención da tortilla, creo que na Mariña, ou no Valadouro, pero non a lembro.
    Si non é moito pidir, podias contala o’s “blogoadictos”

    Unha aperta

    Respuesta
  • el 14 de enero de 2008 a las 22:41 10Mon, 14 Jan 2008 22:41:55 +000055.
    Permalink

    Yo quiero la historia de la tortilla!!!

    Respuesta
  • el 15 de enero de 2008 a las 10:12 10Tue, 15 Jan 2008 10:12:30 +000030.
    Permalink

    Deixáchesme coa curiosidade ó dicir que a tortilla de patacas é un invento galego…

    Ou sexa, que te toca explicalo algún día destes… non se nos pode deixar coa dúbida…

    Unha aperta…

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *