Aberto o prazo para a inscripción no Forum Gastronómico Santiago’08

O prazo de inscrición no congreso profesional do Forum Gastronómico Santiago’08 está xa aberto a tódolos interesados, que poderán facelo a través da web do evento.

Cabe salientar especialmente o esforzo realizado polos organizadores para ofrecer o prezo máis barato posible. O prezo para asistir ás tres xornadas do congreso será de 350 euros (Madrid Fusión custa 590 euros), pero realizando a inscrición antes do 15 de xaneiro hai una boa rebaixa e quédase en 250 euros.

Inscribirse con antelación ten, ademais da redución de prezo, a vantaxe de poder elixir a que talleres ou sesión maxistrais se quere asistir cando se trata de sesión simultáneas. A sala onde se realizarán as sesión maxistrais ten capacidade para 450 persoas, e as dos talleres para 80, e as prazas asignaranse por orden de inscrición.

Inda que a nota emitida polo Forum non indica nada, supoño que os profesionais inscritos terán tamén acceso libre o sábado e domingo, cando o Forum se abre ao público pagando unha entrada que roldará os 10 euros.

2 comentarios sobre “Aberto o prazo para a inscripción no Forum Gastronómico Santiago’08

  • el 10 de enero de 2008 a las 13:30 01Thu, 10 Jan 2008 13:30:22 +000022.
    Permalink

    Semella moi interesante… o malo e que o mellor, luns, martes e mércores, parece reservado ós profesionais… en calquera caso, non creo que neses días poida dispoñer de tres libres a primeiros de semana…

    Conformareime entón co sábado e o Domingo, a ver se dan máis información e se poden comprar as entradas…

    Moitas grazas pola información…

    Respuesta
  • el 10 de enero de 2008 a las 13:34 01Thu, 10 Jan 2008 13:34:36 +000036.
    Permalink

    Delokos, o congreso profesional (luns a mércores) está aberto a quen desexe participar, naturalmente pagando a inscripción correspondente. En calquera caso poido adiantarche que na fin de semana tamén vai haber sesión maxistrais e talleres impartidos por cociñeiros de primeira liña.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *