“Pan comido” o agasallo de reis de “Galicia Hoxe”

Hai unha pila de anos (¿16?, ¿17?), cando aínda vivía eu en Madrid, naceu en Compostela o primeiro diario integramente publicado en galego: O Correo Galego, despois rebautizado como Galicia Hoxe, que é a cabeceira actual.

Como en Madrid era imposible de atopar nos quioscos, suscribinme ao novo xornal, que pasado algún tempo publicou unha páxina de autopublicidade na que incluía a lista dos que denominaban “subscritores fundadores”, encabezada polo entón presidente da Xunta de Galicia. Por curiosidade repasei a lista e alí, no posto trescentos e pico, aparecía o meu nome. Así que a tódolos meus méritos, de telos, tería que sumar o de socio fundador de Galicia Hoxe, que hoxe, 5 de xaneiro, agasalla aos seus compradores cun exemplar dun libro de cociña: “Pan comido” de Sela Cea.

Na contraportada a autora declara a súa intención: “Preparar comida caseira, sa e saborosa é pan comido con ‘Pan comido’, un libro para principiantes que buscan información práctica e solucións sinxelas”. Setenta e unha receitas de pratos caseiros, de a diario, tradicionais, pero non exentos de certo interese porque todos poderemos descubrir, seguro, algunha receita que non coñecíamos. Ademais as fórmulas de algunhas salsas (o Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega di que é “Bechamel” pronunciado como se debe o “ch” e non “Bexamel”, como aparece repetidamente en “Pan Comido”, facendo unha tradución fonética do francés, idioma no que se escrebe “bechamel” pero se le algo parecido a “bexamel”) e técnicas de cociña.

O agasallo é so por hoxe, 5 de xaneiro, mercando Galicia Hoxe.

Un comentario sobre ““Pan comido” o agasallo de reis de “Galicia Hoxe”

  • el 05 de enero de 2008 a las 14:04 02Sat, 05 Jan 2008 14:04:10 +000010.
    Permalink

    Pois moi útil para os preguiceiros coma min que gostamos máis de comer e saborear pratos que elaboralos…unha asignatura pendente que por certo deberia ser medio obrigatoria nalgunha etapa do ensino.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *