“Un científico en la cocina”, o libro que non podes deixar de ler

Os andeis das librerías están cheos de libros de cociña, en realidade libros de receitas, nos que o formato se impón ao contido, de maneira que unhas poucas receitas, máis ou menos interesantes, acompañadas dun fato de fotografías normalmente espléndidas e una deseño e maquetación no que priman os brancos, dan como resultado un libro de gran formato, impreso a toda cor, en papel de primeira calidade, que se le en media hora despois de pagar por el 40 euros ou máis. Unha bicoca.

Se Ramón Núñez e a editorial Planeta aplicaran o mesmo sistema a “Un científico en la cocina” houbéralles saído unha enciclopedia de moitos tomos a vender por 500 ou 600 euros no canto dos 18,50 € que custa. (Extraño que Planeta non o fixera, ¿non?)

Porque, señores, “Un científico en la cocina” é un auténtico compendio de saber sobre o que sucede na cociña e na mesa, mirado dende o punto de vista da física, a química e outras ciencias, académicas ou non. Merquei o libro esta maña e aínda non cheguei a completar a lectura do seu primeiro terzo, pero levo xa tanto aprendido que a emoción me impide agardar a rematalo para escribir sobre el. Igual cando chegue ao “koniec”, como dicían moitos debuxos animados checos da miña infancia, volvo sobre este post.

O libro é un compendio de sabedoría nun envase ben normal: encadernación rústica, papel do máis normal, impresión a unha tinta, sen fotografías. So medio cardenillo (8 páxinas) no centro do libro en papel de boa calidade, impresas a toda cor para reproducir nove bodegóns de diversos pintores. Evidentemente, o importante é o contido.

Ramón Núñez é un fino gastrónomo, que une a esta afección a súa licenciatura en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela. Ademais é director dos Museos Científicos da Coruña, que son toda unha institución entre os museos científicos españois e nun dos cales, a Domus, a “casa do home”, está instalado o restaurante do mesmo nome que rexenta Eduardo Pardo Gago, fillo da cociñeira e o maitre de Casa Pardo.

2 comentarios sobre ““Un científico en la cocina”, o libro que non podes deixar de ler

  • el 05 de enero de 2008 a las 15:20 03Sat, 05 Jan 2008 15:20:53 +000053.
    Permalink

    Semella interesante o libro… a verdade e que non oíra falar del… buscareino a ver si o atopo…

    Moitas grazas pola túa visita á miña casa e polos consellos… probarei a túa recomendación nun próximo “experimento”…

    Unha aperta…

    Respuesta
  • el 06 de enero de 2008 a las 00:03 12Sun, 06 Jan 2008 00:03:09 +000009.
    Permalink

    Tamén eu quedéi impresionada con este libro. Axuda a disfrutar aínda máis da comida. Por outra banda, nótaselle ao autor a paixón pola cociña galega. Algo así tiña que ensinarse nas escolas.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *