O Velis Nolis reabre na Estrada

Pois semella que abrir restaurante en Santiago non está fácil nos tempos que corren. Nos últimos tempos dous cociñeiros de sona, Jaume García e Pedro Roca, andaban á busca dun local para establecerse por conta propia en Compostela, pero o primeiro xa desistiu do intento e hoxe mesmo, 21 de decembro, reabriu o Velis Nolis de A Estrada, que pechara despois do verán co obxectivo de abrir en Santiago a comezos de 2008.

A motivación de Jaume García para aproximarse a Santiago era clara e evidente: a meirande parte dos clientes do seu restaurante estradense chegan dende Compostela, así que o máis práctico era que o restaurante viñera a Santiago no canto de facer que os clientes se desprazaran á Estrada. Polo momento o intento foi fallido.

Imaxino que nesta nova etapa na Estrada Jaume continuará ofrecendo a súa cociña de claras influencias galegas e catalás, así coma os cursos de cociña que tradicionalmente impartía no local.

Polo que respecta a Pedro Roca, segue buscando local para abrir o seu propio restaurante, despois dunha longuísima etapa á fronte das cociñas do Caney, o restaurante do hotel Araguaney, que semella terse resentido da marcha de Roca. Polo menos as xornadas de cogomelos, que cada outono organizaba Roca e que eran unha referencia para os afeccionados de media España non se celebraron este ano.

3 comentarios sobre “O Velis Nolis reabre na Estrada

  • el 21 de diciembre de 2007 a las 23:03 11Fri, 21 Dec 2007 23:03:02 +000002.
    Permalink

    Polo que eu sei Pedro Roca xa ten local dende fai tempo e coido que o problema é de permisos e dalgunha obra… (na Rúa de Valle-Inclán, segundo as miñas informacións)

    Non creo que a cociña do Caney estea resentida. O das xornadas semella máis un problema de organización. Nas cociñas dos restaurantes de renome non traballa unha persoa soa, e as cociñeiras do Caney levan tempo traballando con Pedro.

    Respuesta
  • el 21 de diciembre de 2007 a las 23:44 11Fri, 21 Dec 2007 23:44:10 +000010.
    Permalink

    Penso que o de Valle Inclán fallou hai xa semanas. E certo que o equipo do Caney traballou moito tempo con Roca, pero se pasa o tempo e continúan facendo o mesmo de sempre a frescura vaise murchando.

    Respuesta
  • el 23 de diciembre de 2007 a las 21:13 09Sun, 23 Dec 2007 21:13:42 +000042.
    Permalink

    Hola Colineta:
    A pesar de todos los malos entendidos,que hemos tenido, no guardo ningun rencor. Soy la persona mas pacifísta que puedas imaginarte.
    Es por ello, que te deseo de todo corazón unas felices navidades y un buen 2008.
    Ojalá que todos tus sueños se hagan realidad, y que el 2008, nos traiga la paz, en todos los sentidos.
    FELIZ NAVIDAD.
    Elena.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *