“Vacas” que muxen todos

Despois de buscar en varias librerías compostelás (non nos queda, vendimos o últimos, so queda un exemplar que está reservado… foron as respostas) está mañá conseguín mercar o libro que vai camiño de converterse no gran éxito da tempada: “Vacas”, de Flavio Morganti (Editorial Everest). So lle votei unha ollada por derriba para comprobar que a emoción que me trasladaba o seu autor, Flavio Morganti, nunha conversa o pasado venres está toda no libro. Así que non vou falar da obra sen tela mirado a fondo, e non pensaba escribir este post se non fora pola información que chega da Consellería de Innovación e Industria respecto del e que me provoca algúns interrogantes.

Polo que se ve, a Xunta de Galicia, a través da Consellería, debeu poñer algún diñeiro na edición do libro, xa que na súa propia nota de prensa se presentan como promotores (no titulo ata se poñen de editores). Pero en ningún lugar da obra aparecen os logos da Xunta nin da Consellería, que penso é obrigatorio nas obras que cofinancian. Nin aparecen citados nos agradecementos. ¿Cal é o motivo?. Á miña cabeza mal pensante so ven a posibilidade de que sexa o idioma (o libro está publicado en castelán) o que levou aos responsables da Consellería a non aparecer no mesmo. Acéptanse posibles explicacións.

O caso e que ante o éxito acadado por “Vacas” con cinco galardóns nos premios Gourmand (na fase española), o que seguramente será un record sen precedentes, a Consellería apúntase ao éxito, cousa que me parece ben se efectivamente axudaron a facer unha realidade un libro que está triunfando.

Un comentario sobre ““Vacas” que muxen todos

  • el 21 de diciembre de 2007 a las 14:17 02Fri, 21 Dec 2007 14:17:52 +000052.
    Permalink

    O libro e os autores moi ben. Aínda que ningún dos cociñeiros é galego, un deles ten un magnífico restaurante en Ourense.

    ¡¡¡¡¡PERO QUE A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA PAGUE A EDICIÓN A UNHA EDITORIAL NON GALEGA DUN LIBRO DE COCIÑA OU GANDEIRÍA EN CASTELÁN (2.500 exemplares en galego e 3.500 en castelán) QUE DESPOIS VENDE A 39,5 €, E QUE NO LIBRO NON APAREZA O LOGOTIPO DA XUNTA, E QUE POR NINGÚN LADO SE CITE A ESA CONSELLERÍA AGRADECÉNDOLLE QUE INVIRTAN OS CARTOS DE TÓDOLOS GALEGOS NESE LIBRO, POIS É UNHA BURLA PARA OS GALEGOS QUE PAGAMOS IMPUESTOS E QUE NOS INTERESA A CULTURA DE GALICIA!!!!!!!!!!
    OS DO ACTUAL GOBERNO DE GALIZA ESTADES APRENDENDO A COMER A NOSA CONTA, E XA ERAN HORAS, PERO FACÉDELO MAL, PARECEDES PIJOS OU NOVOS RICOS; OS ANTERIORES SABIAN COMER MELLOR, CUESTIÓN XENÉTICA SUPOÑO.

    ¿GASTADES MILES DE EUROS NESTO E TEDES AS ESCOLAS DE COCIÑA DE GALIZA SEN MATERIAL E CON CARENCIAS DE TODO TIPO? ¿DECIDES QUE NON QUEREDES APOIAR AS FESTAS GASTRONÓMICAS PORQUE ISO NON É CULTURA, SEGÚN VOS, E GASTADES OS NOSOS CARTOS CUNHA EDITORIAL DE FÓRA DA GALIZA PUBLICANDO UN LIBRO EN CASTELÁN? ¡¡¡NON TEDES VERGONZA NO SERVIZO DE PUBLICACIÓNS DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA!!!

    ¿E AS EDITORIAIS GALEGAS CALADIÑAS? ASÍ LLE VAI AO LIBRO GALEGO, TEDES O QUE MERECEDES. UN CONSELLO PARA A CONSELLERÍA DE INDUSTRIA: O PRÓXIMO LIBRO QUE SEXA DE COMO FACER PUNTILLITAS DE CAMARINAS OU EL PULPO DEL CARBALLITO, TAMÉN E INDUSTRIA.

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *